INICIO DO CURSO 2024 2025
As clases comezarán o mércores 11 de setembro.
Están convocadas as seguintes reunións:
- Xoves 5 de setembro:
- Ás 12:00 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Primaria.
- Ás 12:00 horas coas familias do alumnado de 5º de Educación Primaria.
- Ás 13 horas coas familias de 4º de Educación Inffantil.
Horario de secretaría: De 09:00 a 09:45 horas.
Organización das entradas (aplicable durante todo o curso):
- Todo o alumnado accederá ao centro ás 09:00 horas.
- Só as familias do alumnado de educación infantil poden acceder ao centro para acompañar aos nenos e nenas nas entradas.
O alumnado de 1º e 2º de educación primaria accederá pola porta B. O alumnado de educación infantil terá os mesmos accesos do curso pasado.
Organización das saídas (aplicable durante todo o curso):
- 13:50: Educación Infantil. As familias poden acceder ao centro seguindo o mesmo percorrido que nas entradas.
- 13:55:1º e 2º de Educación Primaria. As familias poden acceder ao centro pola porta B para recoller ao alumnado. As familias de 2º esperarán no corredor lateral do centro a que o alumnado de 1º sexa recollido. Despois aproximaranse á porta para recoller aos nenos e nenas.
- 14:00: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O alumnado será entregado nas portas exteriores. 3º, 4º B e 5º A na porta B. 4º A, 5º B e 6º na porta principal.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada principal sitúense á dereita desta porta. A orde de saída será 4º A, 5º B e 6º de EP.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada B sitúense á esquerda desta porta. A orde de saída será 4º B, 3º e 5º A de EP.
- O alumnado sairá de clase en orde de lista.
- Para facilitar e axilizar as saídas solícitase ás familias que unha vez recollido o neno/a non se deteñan na beirarrúa de acceso ao centro.
Camiño Escolar Seguro: Está previsto que comece o seu funcionamento a finais do mes de setembro (remitirase comunicación ás familias).
Servizo de comedor e madrugadores. Ese mesmo día, 11 de setembro, está previsto que empecen a funcionar estes servizos.
Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2024 2025. Aquí dispoñen de toda a información.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA
Aquí está dispoñible toda a información das mesmas (tamén dispoñible no apartado da ANPA da web). Proximamente a ANPA comunicará a súa organización definitiva.