Festa de Entroido
Enviado por admin o Ven, 17/02/2023 - 09:37Picasso, Miró, Kusama, Van Gogh... acompañáronnos na celebración dun Entroido moi artístico. Disfraces, filloas, orellas, pinturas, mandados do Meco e sobre todo moitos sorrisos protagonizaron unha semana de festa e diversión. Clica nas imaxes para ver as fotos.
Vídeo Pasarrúas
Mandados do Meco
Festa Entroido
Entroido: Mandados do Meco
Enviado por admin o Ven, 10/02/2023 - 13:32Na celebración do Entroido deste curso proponse ao alumnado a participación, de maneira voluntaria, na actividade Os Mandados do Meco. Para cada día da semana O Meco realizará unha proposta ao alumnado para que este a cumpra. Os mandandos son acumulables, hai que incorporar o novo ao anterior.
ADMISIÓN ALUMNADO 2023 2024: XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Enviado por admin o Mar, 07/02/2023 - 11:57O proceso de admisión para o curso 2023 2024 comeza o día 1 de marzo, aquelas familias que desexen coñecer máis sobre o noso colexio poden asistir á xornada de portas abertas que realizaremos o mércores día 15 de febreiro ás 16:30 horas.
Para participar nela é preciso inscibirse no formulario ao que accederedes facendo clic na imaxe.
Día da Internet Segura
Enviado por admin o Mar, 07/02/2023 - 11:56O 7 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da Internet Segura baixo o lema nesta edición ‘Xuntos por unha Internet mellor" https://www.incibe.es/sid
Desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade organizan en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) talleres en liña interactivos co obxectivo de axudar ao alumnado para desenvolver as súas competencias dixitais para aprender a realizar un uso seguro e responsable da internet. O alumnado de educación primaria do noso centro participou nos seguintes talleres:
•Taller en liña para alumnado de 6 a 8 anos: “Crea o teu contrasinal secreto”.
•Taller en liña para alumnado de 9 a 12 anos: “Detecta a fraude en videoxogos”.
Día da Paz: Construíndo un mundo de sorrisos
Enviado por admin o Lun, 30/01/2023 - 18:15A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, no que se conmemora o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Co lema "Construíndo un mundo de sorrisos" na nosa escola realizamos diferentes actividades que tiveron como colofón un bonito acto que contou coa participación de todo o alumnado e profesorado.
Clica na imaxe para ver as fotos
Vídeo
Plan Director de Convivencia: Novas tecnoloxías
Enviado por admin o Xov, 26/01/2023 - 08:40O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.
Onte un técnico formador da Garda Civil impartiu dúas charlas sobre novas tecnoloxías ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.
Enviado por admin o Xov, 12/01/2023 - 08:53Segundo se contempla na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, artigo 26.4 “Cando o alumnado teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición, pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva (formulario normalizado ED550A que se remitiu hoxe a través do alumnado) no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e indicará o centro de adscrición que solicita”.
Tamén se poderá cumprimentar a solicitude través da aplicación admisionalumnado que deberán imprimir e entregar posteriormente na Secretaría deste centro: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
A solicitude de reserva tamén se poderá formalizar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, incluída a Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.
Xunto coa solicitude hai que presentar copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.
Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. O prazo de presentación de solicitudes de reserva remata o 6 de febreiro.
En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a, ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, así como a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada en día 28 de febreiro (este incluído), poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde de 21 de outubro de 2022.
Museo Cre-Arte: Pintura
Enviado por admin o Dom, 08/01/2023 - 10:35Durante este curso escolar o proxecto de centro está dedicado á Arte. No primeiro trimestre cada curso traballou distintos aspectos relacionados coa pintura: pintores (Luis Seoane, Leandro Lamas, Picasso, Munch, etc...) o retrato, a pintura rupestre, experimentamos con diferentes técnicas pictóricas: cos pés, con globos, pompas de auga...
Finalmente compartimos todo o noso traballo nunhas xornadas nas que percorrimos as salas que cada curso creou e gozamos coas explicacións dos nosos compañeiros e compañeiras.
Vídeo resumo das visitas
Fotografías da xornada
Exposicións dos distintos cursos
Festa de Nadal
Enviado por admin o Xov, 22/12/2022 - 00:01Nesta xornada de festa realizamos distintas actividades nas aulas para celebrar o Nadal. Compartimos unha deliciosa chocolatada e despedimos o ano e o primeiro trrimestre cunhas badaladas co Tarabelo nas Ondas.
Finalmente visitáronnos os Reis Magos que seguro que nos van a traer moitos regalos!
Clica na imaxe para ver as fotografías
Recollida solidaria de alimentos
Enviado por admin o Mér, 21/12/2022 - 23:50Un ano máis a nosa Comunidade Educativa volcouse na recollida solidaria de alimentos destinada a asociacións sen ánimo de lucro que axudan a aqueles que máis o necesitan.
Os representantes destas asociacións, Cruz Vermella e Cáritas, pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron neste iniciativa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »