COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023 2024: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS

Está dispoñible na páxina web do Concello de Sada a listaxe provisional do comedor escolar para o curso 2023 2024.

https://www.sada.gal/comedor-en-el-ceip-sada-y-sus-contornos-curso-2023-2024

Tamén está dispoñible a información para realizar as posibles alegacións.

O número de prazas o vindeiro curso será de 75.

A listaxe definitiva  publicarase na páxina web do Concello de Sada a comezos do mes de agosto.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2023-2024

Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2023-2024.

Cumprindo co artigo 13 da Orde do 10 de maio de 2023,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

 

BANCO DE LIBROS DA ANPA

Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º e 4º de primaria a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS.

*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega, só o caderno de actividades que debe mercar a familia.

** As familias tamén deben adquirir o Activity Book de inglés.

Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2023-2024

Están dispoñibles as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2023-2024.

Cumprindo co artigo 13 da Orde do 10 de maio de 2023,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.

Lémbrase que para acceder aos libros do banco da ANPA é necesario ser socio da mesma.

FIN DE CURSO: GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

No último día do curso celebramos a homenaxe ao alumnado de 6º de educación primaria. Foi un acto que estivo cheo de recordos, de emocións contaditorias e que todos e todas gardaremos na nosa memoria con moito agarimo.

Escoita O Tarabelo nas ondas fin de curso

Clica na imaxe para ver as fotos

Vídeo homenaxe ao alumnado de 6º

Vídeo completo do acto

PROXECTO CRE-ARTE: VISITA AO MUSEO SADA Y SUS CONTORNOS

As portas do Museo Sada y sus Contornos abréronse no día de hoxe a toda a nosa Comunidade Educativa para que coñeceran o traballo realizado durante este curso escolar no Proxecto Cre-Arte. As aulas da nosa escola convertéronse en salas dun Museo no que contemplar cerámicas de Sargadelos, pinturas de Lugrís, Van Gogh, Munch, Leandro Lamas, Yayoi Kusama, Miró, máscaras africanas, edificios en 3D, arquitectura de distintas etapas históricas... En definitiva, unha xornada para gozar coa arte e coas creacións realizadas polos artistas que son os nenos e nenas do noso colexio.

O museo contaba tamén cunha tenda na que adquirir algunhas das creacións realizadas polo alumnado.

No acceso ao Museo podíase adquirir, de modo voluntario, un boleto para participar non sorteo de 5 figuras do colexio creadas en 3D. Por cada euro achegado entregábase un boleto. 

Todo o diñeiro recadado será doado á Fundación de Investigación CRIS CONTRA O CANCRO, unha organización independente, sen ánimo de lucro e dedicada por completo ao fomento e desenvolvemento da investigación para eliminar o grave problema de saúda que representa o cancro https://criscancer.org/es/   información para as familias

O diñeiro recadado entre as aportacións voluntarias das familias e a venta dos produtos na tenda do Museo ascendeu a un total de: 1.340 euros.

Os números premiados no sorteo realizado son:    90   158   222   242   397

Clica na imaxe para ver as fotos deste día

Aquí teñen toda a información sobre a organización e características da xornada.

   

 Ingreso realizado

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023 2024

Está dispoñible na páxina do Concello de Sada https://www.sada.gal/comedor-no-ceip-sada-y-sus-contornos-curso-2023-2024 toda a información para a inscrición no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2023 2024:

• Criterios de solicitude de admisión.

• Tarifas do comedor.

• Ficha de inscrición.

O prazo de entrega da documentación é desde hoxe, día 19 de xuño, ata o luns, día 17 de xullo de 2023.  A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.

Graduación alumnado 6º de educación infantil

O venres, día 16 de xuño, celebramos a graduación do alumnado de 6º de educación infantil. Para celebrar este acontecemento os nenos e nenas de educación infantil prepararon distintas actuacións musicais e incluso unha obra de teatro. Ademais, o alumnado de 1º de educación primaria deulles os mellores consellos para afrontar a nova etapa que comezarán o vindeiro curso. Foi unha xornada de festa e celebración na que todos e todas pasámolo moi ben.

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos

Proxecto Cre-Arte: Arquitectura

O mércorés, día 14 e o xoves, día 15 realizamos a exposición do traballo realizado durante o 3º trimestre relacionado sobre a arquitectura. Os faros de Galicia, construcións de distintas épocas históricas, edificios creados con diseño 3D, a arquitectura de Exipto, as nosas casiñas... fixeron as delicias de todos e todas. Grazas ás explicacións recibidas en cada sala do Museo aprendemos moitísimas cousas sobre a arquitectura e a súa evolución.

Vídeo resumo da xornada

Fotos das visitas

Distribuir contido