Entroido


PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA

RISCOS NO USO DE INTERNET
PREVENCIÓN NO CONSUMO DE DROGAS E ALCOL POR MENORES
Estas  actividades van dirixidas aos alumnos do 3º ciclo de educación primaria, e ás súas familias, e pretenden dar información e estratexias sobre o uso de Internet e a problemática do consumo de drogas. Serán impartidas por formadores da Garda Civil.
As actividades están organizadas polo Observatorio para a Convivencia Escolar do Centro e pola Asociación de Nais e Pais As Mariñas dentro do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad Escolar do Ministerio del Interior e do Ministerio de Educación, Política Social y Deporte.
Riscos no uso de Internet.
Venres, 18 de febreiro de 2011
Dirixida aos alumnos de 3º ciclo de e. primaria (10,50 horas).
Prevención no consumo de drogas e alcol por menores.
Venres, 25 de febreiro de 2011
Dirixida aos alumnos de 3º ciclo de e. primaria (10,50 horas).

ESCOLA DE NAIS E PAIS
Riscos de Internet e prevención no consumo de drogas.
Martes 22 de febreiro de 2011. Dirixida a nais e pais dos alumnos do 3º ciclo de primaria (19 horas).

INSCRICIÓN.  Para participar na charla do día 22 será preciso inscribirse para o que se deberá cubrir o boletín adxunto e depositalo no buzón da ANPA. O prazo de inscrición remata o xoves 17 de febreiro.
*De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade.
Pique aquí para descargar o cartel anunciador que contén o boletín de inscrición

 

BO NADAL

Os alumnos e profesores do CEIP Sada y sus Contornos queremos desexar a todos un Bo Nadal e un Aninovo 2011 cheo de saúde e felicidade.
O Nadal no mundo. No noso colexio hai nenos e nenas de moitos paises que celebran o Nadal dun xeito algo diferente a nós. Se queredes saber algo máis de como se celebra en paises de onde proceden os nosos compañeiros picade aquí.

MAGOSTO


HAPPY HALLOWEEN

Da man da Teacher Teresa, da Teacher Cristina, das Teacher´s Patricia´s, do conserxe Enrique,... chegou o Halloween ao noso colexio. Algún asustouse porque unha enorme araña apareceu na entrada do Albergue. Nenos e nenas disfrazados, unha bruxa, unha pantasma, teas de araña, un mural, as cabazas que anuncian o Samaín... Ao ver a xigantesca araña houbo quen escapou correndo dicindo que era o "Jalo Juin". A Teacher Teresa calmouno, díxolle que non se asustara, que era o Halloween.
 
Distribuir contido