Visita á Domus

Os nenos e nenas de segundo ciclo de primaria visitaron a Domus

O 30 de xaneiro é o Día da Paz

Que me contas?

Todos o venres, no recreo, contan un conto na biblioteca.

Hoxe Lúa, Antón e Javier contáronnos "O pequeno Yared".

Se queres escoitar contos non perdas esta cita tódolos venres. E... se queres contar contos apúntate na biblioteca. Para seguir os contos que se van leendo visita o blogue da biblioteca.

Plan Director de Convivencia

Dentro das actividades programadas polo Observatorio de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, ofértanse á Comunidade Educativa dúas charlas do Plan Director para a Convivencia, impartidas por Jesús e Fernando, formadores da Garda Civil.

Neste curso no noso centro impartironse charlas sobre dous temas:

-Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

-Consumo e tráfico de drogas.

Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar

 

Dentro das actividades programadas polo Observatorio de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, ofértanse á Comunidade Educativa dúas charlas do Plan Director para a Convivencia.

O “III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar”, ao igual que en anos anteriores, ofrece aos centros educativos durante o curso 2012-2013 a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial desenvolvida nos centros.

Neste curso no noso centro impartiranse charlas sobre dous temas:

-Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

-Consumo e tráfico de drogas.

Os días 16 e 23 de xaneiro, en horario lectivo, impartiranse dúas charlas dirixidas aos alumnos do 3º ciclo de educación primaria.

Escola de nais e pais.

Os martes 15 e 22 de xaneiro de 2013 ás 19 horas haberá dúas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado sobre os temas citados : 

Día 15. Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

Día 22. Consumo e tráfico de drogas.

INSCRICIÓN. Para participar nas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado é necesario inscribirse nas mesmas. Esta inscrición deberá formalizarse por correo electrónico ao enderezo ceip.sada@gmail.com ata o luns 14 de xaneiro inclusive.

No correo indicarase o nome e apelidos da persoa ou persoas que solicitan asistir e o día ou días que asistirán ás charlas. De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade, o que se comunicaría aos solicitantes.

Sada a 11 de xaneiro de 2013.

 

Nadal. Viñeron os Reis...

InfoconsumoNadal

O 20 de decembro, recibimos no CEIP Sada y sus Contornos a visita de dúas técnicas do Instituto Galego de Consumo, Iria e Susana, que viñeron a desenvolver o Programa InfoconsumoNadal.

 

Lecturas recomendadas

Desde o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega recoméndase libros para regalar neste Nadal aos nenos e nenas do colexio. Unha carta urxente para os Reis Magos contén todas as recomendacións para fomentar a lectura.
Para visualizar e descargar a carta pica aquí.

Navega con rumbo.

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Un dos obxectivos do programa ABALAR é a formación nunha navegación segura. O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais. As guías pódense visualizar e descargar aquí.

O día 19 de decembro de 2012 estivo no noso colexio Marcos, do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para explicar aos nenos e nenas de 5º  6º curso de educación primaria como deben realizar unha navegación segura por Internet.

 

Distribuir contido