Exposición de Carteis polo Día do Peón

Incribles, marabillosos, espectaculares, xeniais... remátanse os adxectivos para definir os carteis realizastes para celebrar o Día do Peón. Felicidades a todos e todas polo esforzo, a dedicación e o entusiasmo que lle poñedes a todo. Continuar así!

Máis información no blogue de educación física "Entre todos e entre todas"

Seres míticos de Galicia

Demostra que es un experto en Mitoloxía Galega contestando ás preguntas do cuestionario. Todas as respostas atoparalas no libro de Seres Míticos de Galicia que fixemos entre todos/as no colexio. 

Os que respondan correctamente a máis de 10 preguntas conseguirán un fantástico premio. Ánimo!

Cuestionario para nenos e nenas de educación infantil
Cuestionario para nenos e nenas de educación primaria

O Magosto

O 30 de outubro celebramos a festa do Magosto. O colexio encheuse de cabazas e o Halloween tróuxonos terroríficos disfraces. 

Chega o Samaín

 

Neverland na biblioteca

Onte os nenos e nenas de 6º realizaron a presentación do novo proxecto do equipo de biblioteca que ten como tema principal Neverland. Parabéns polo traballo realizado.
 

Convocatoria de axudas do Concello de Sada

No Boletín Oficial da Provincia de onte, 12 de setembro de 2013, aparece publicada a Convocatoria de axudas ás familias para a escolarización de menores do concello no Concello de Sada para o curso 2013-2014. O prazo de solicitudes é de 15 días hábiles contados a partir da data de publicación.

Póde consultar e descargar a normativa clicando neste enlace: Convocatoria

Comedor escolar: Formulario de autodeclaración

Segundo as derradeiras instrucións da Secretaría Xeral recibidas o 12 de setembro ás 14,15 horas por correo electrónico, as familias, á hora de cubrir as autodeclaracións de comedor deberán consignar obrigatoriamente no apartado A, a continuación de onde pon RENDA NETA IRPF 2012, a cantidade resultante das casiñas sinaladas nese punto. No apartado B deberán figurar todos os membros da unidade familiar cos datos que se solicitan. No apartado C, a continuación de onde pon RENDA NETA PER CÁPITA FAMILIAR = X/Y a renda neta per cápita dividindo o importe indicado no apartado A entre os membros indicados no apartado B. No apartado D deberase marcar a casiña que corresponda con respecto a dito resultado (0 euros, 1 euro, 2,50 euros ou 4,50 euros).

Ao final da declaración deberán asinar ambos os dous cónxuxes e os fillos maiores de idade.

Para axudar a realizar o cálculo do importe do prezo a pagar, a Consellería ven de colgar unha calculadora específica na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp 

Información do servizo comedor 2013 2014

O uso do servizo do comedor escolar dará lugar ao aboamento dos prezos públicos de conformidade co disposto no Decreto132 2013 (DOG 13/08/2013). Antes do 28 de setembro as familias deberán entregar cuberto o modelo de autodeclaración que figura como Anexo II na Instrución 1/2013 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 14 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2013-2014.

Para máis información descargue a circular informativa do centro e o modelo de autodeclaración. Tamén pode consultar a lexislación e instrucións que regulan o funcionamento dos comedores escolares.

Circular informativa
Modelo de autodeclaración para cubrir directamente e imprimir. 
Decreto 132/2013 Comedores escolares
Intrución 1/2013 Funcionamento dos comedores escolares
Modificación da Instrución 1/2013 Funcionamento dos comedores escolares

Servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014. Resolución definitiva de admitidos.

Ao non recibirse ningunha reclamación contra a resolución provisional de admitidos no servizo de comedor escolar para o curso 2013 2014, elévase a defintiva a mesma.
Servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014. Resolución definitiva de admitidos.
Sada a 5 de xullo de 2013
Distribuir contido