Comedor escolar: Formulario de autodeclaración

Segundo as derradeiras instrucións da Secretaría Xeral recibidas o 12 de setembro ás 14,15 horas por correo electrónico, as familias, á hora de cubrir as autodeclaracións de comedor deberán consignar obrigatoriamente no apartado A, a continuación de onde pon RENDA NETA IRPF 2012, a cantidade resultante das casiñas sinaladas nese punto. No apartado B deberán figurar todos os membros da unidade familiar cos datos que se solicitan. No apartado C, a continuación de onde pon RENDA NETA PER CÁPITA FAMILIAR = X/Y a renda neta per cápita dividindo o importe indicado no apartado A entre os membros indicados no apartado B. No apartado D deberase marcar a casiña que corresponda con respecto a dito resultado (0 euros, 1 euro, 2,50 euros ou 4,50 euros).

Ao final da declaración deberán asinar ambos os dous cónxuxes e os fillos maiores de idade.

Para axudar a realizar o cálculo do importe do prezo a pagar, a Consellería ven de colgar unha calculadora específica na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp