Neverland na biblioteca
Enviado por admin o Mér, 02/10/2013 - 19:00
Onte os nenos e nenas de 6º realizaron a presentación do novo proxecto do equipo de biblioteca que ten como tema principal Neverland. Parabéns polo traballo realizado.
|
Convocatoria de axudas do Concello de Sada
Enviado por admin o Ven, 13/09/2013 - 09:47
No Boletín Oficial da Provincia de onte, 12 de setembro de 2013, aparece publicada a Convocatoria de axudas ás familias para a escolarización de menores do concello no Concello de Sada para o curso 2013-2014. O prazo de solicitudes é de 15 días hábiles contados a partir da data de publicación. Póde consultar e descargar a normativa clicando neste enlace: Convocatoria |
Comedor escolar: Formulario de autodeclaración
Enviado por admin o Xov, 12/09/2013 - 20:17
Segundo as derradeiras instrucións da Secretaría Xeral recibidas o 12 de setembro ás 14,15 horas por correo electrónico, as familias, á hora de cubrir as autodeclaracións de comedor deberán consignar obrigatoriamente no apartado A, a continuación de onde pon RENDA NETA IRPF 2012, a cantidade resultante das casiñas sinaladas nese punto. No apartado B deberán figurar todos os membros da unidade familiar cos datos que se solicitan. No apartado C, a continuación de onde pon RENDA NETA PER CÁPITA FAMILIAR = X/Y a renda neta per cápita dividindo o importe indicado no apartado A entre os membros indicados no apartado B. No apartado D deberase marcar a casiña que corresponda con respecto a dito resultado (0 euros, 1 euro, 2,50 euros ou 4,50 euros). Ao final da declaración deberán asinar ambos os dous cónxuxes e os fillos maiores de idade. Para axudar a realizar o cálculo do importe do prezo a pagar, a Consellería ven de colgar unha calculadora específica na seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp |
Información do servizo comedor 2013 2014
Enviado por admin o Mar, 10/09/2013 - 20:26
O uso do servizo do comedor escolar dará lugar ao aboamento dos prezos públicos de conformidade co disposto no Decreto132 2013 (DOG 13/08/2013). Antes do 28 de setembro as familias deberán entregar cuberto o modelo de autodeclaración que figura como Anexo II na Instrución 1/2013 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 14 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2013-2014. Para máis información descargue a circular informativa do centro e o modelo de autodeclaración. Tamén pode consultar a lexislación e instrucións que regulan o funcionamento dos comedores escolares. |
Circular informativa |
Modelo de autodeclaración para cubrir directamente e imprimir. |
Decreto 132/2013 Comedores escolares |
Intrución 1/2013 Funcionamento dos comedores escolares |
Modificación da Instrución 1/2013 Funcionamento dos comedores escolares |
Servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014. Resolución definitiva de admitidos.
Enviado por admin o Ven, 05/07/2013 - 08:37Ao non recibirse ningunha reclamación contra a resolución provisional de admitidos no servizo de comedor escolar para o curso 2013 2014, elévase a defintiva a mesma. |
Servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014. Resolución definitiva de admitidos. |
Sada a 5 de xullo de 2013 |
Servizo de comedor escolar para o curso 2013-2014. Resolución provisional de admitidos.
Enviado por admin o Ven, 28/06/2013 - 07:25
Resolución de alumnos admitidos para o curso 2013 - 2014 no servizo de comedor escolar. Os/as interesados/as poderán presentar reclamacións contra a presente resolución ante o consello escolar do centro no prazo de cinco días hábiles, contados a partir da data de publicación. Sada a 28 de xuño de 2013. |
Fin de curso.
Enviado por admin o Mér, 26/06/2013 - 20:45Video homexe e despedida dos alumnos que rematan a educación primaria |
00 Promocion 2012 2013 from efsadaycontornos on Vimeo. |
Fotos da Festa de Fin de curso da Asociación de Nais e Pais. Con motivo da celebración do centenario da Sociedad Sada y sus Contornos quixemos repetir a foto que se fixo na entrada do centro en 1928 ao celebrarse os primeiros exames nas escolas de Sada y sus Contornos. Vestidos de época grandes e pequenos disfrutamos da festa. Acompañounos Manuel Lugrís neto de Manuel Lugrís Freire, quen fora o Presedente honorario da Sociedad Sada y sus Contornos e que en 1928 asistiu aos primeiros exames. |
Congreso: Custodia de territorio e biodiversidade
Enviado por admin o Mar, 25/06/2013 - 22:18
No blogue Voz Natura pódense atopar as imaxes, as presentacións e os textos do congreso Custodia de territorio e biodiversidade. No congreso o alumnos do centro expuxeron as actividades realizadas neste curso dentro do proxecto Voz Natura. |
Lista de libros e materiais curriculares para o curso 2013-2014
Enviado por admin o Lun, 17/06/2013 - 11:12
Clique nos enlaces para para visualizalar ou descargar os documentos. Lista de libros e materiais curriculares para o curso 2013-2014. |
Educación infantil 4º curso 2012 2013 Reforzo e ampliación. Educación infantil 5º curso 2013 2014 Materiais Grafomotricidade, letras e números |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- …
- seguinte ›
- última »