Transporte escolar: Acordos do Consello Escolar
Enviado por admin o Mér, 10/09/2014 - 06:36O Consello Escolar do Centro reunido en sesión extraordinaria o 9 de setembro de 2014 acordou:
1. Esixir á Consellería de Educación e ao Concello de Sada que cumpra o compromiso de facilitar servizo de transporte escolar a todas as familias que o solicitaron no mes de xuño, entendendo que se ten dereito ao mesmo en base ás circunstancias extraordinarias polo traslado forzoso de instalacións. Hai catro anos por unhas circunstancias similares contouse con servizo de transporte.
2. Acordouse que o único autobús que pon o Concello de Sada, con parada en Fontán, sexa utilizado polos alumnos que solicitaron esa parada no mes de xuño e que figuran nos listados dos autobuses 1 e 3. As restantes prazas serán adxudicadas polo Consello Escolar tomando como criterio a distancia desde o domicilio familiar ao Albergue. A Resolución publicarase a principios da próxima semana na web do colexio e nos taboleiros de anuncios do Albergue e do centro.
Horario primeiro día de clases.
Enviado por admin o Mar, 09/09/2014 - 11:01Mañá 10 de setembro inicianse as clases ás 9 horas. Por motivos de seguridade non se permite o acceso ao recindo do Albergue aos vehículps particulares.
Sairemos ás 12,30 horas, debido ao dispositivo da Volta Ciclista a España. Os alumnos de comedor irán no autobús a Mosteirón e recolleranos as familias diante do Hotel ás 15,45. Pídese puntualidade.
O teléfono do Albergue é o 981622978. Temos solicitado o desvío de chamadas do Colexio a ese número.
Importante: Novas sobre o transporte escolar.
Enviado por admin o Ven, 05/09/2014 - 15:45A finais do mes de xuño fixéronse públicos os listados para o servizo de transporte que contabamos ter polo traslado provisional ás instalacións do Albergue da Marina. Xa comentabamos que "a información ten carácter provisional xa que nos falta a confirmación da Consellería polo que podería haber variacións". Houbo variacións, e malas.
Onte pola tarde comunicábase á dirección do centro, desde o Concello de Sada, a nova de que a Consellería non dotaría de servizo de transporte ao noso Colexio e que o Concello de Sada habilitaría un solo autobús para trasladar aos que residiran a máis de dous quilómetros do Albergue.
A partir dese momento intentouse, desde a Asociación de nais e pais e a dirección do centro, que a Consellería e Concello reconsiderasen esa decisión sen que ata este momento houbese resultado positivo. Intentamos razoar que é un traslado forzoso por circunstancias extraordinarias, a falta de espazo na entrada do Albergue para permitir a entrada de vehículos, a falta de aparcamento nas proximidades, os problemas de seguridade vial que van ocasionar,... Seguimos confiando en que se reconsidere a decisión. Tamén estamos á espera de saber como se vai organizar o servizo dese autobús e quen poderá utilizalo.
Servizo de comedor escolar para o curso 2014-2015. Resolución definitiva de admitidos.
Enviado por admin o Ven, 04/07/2014 - 08:58Resolución definitiva de alumnos admitidos para o curso 2014 - 2015 no servizo de comedor escolar.
As familias dos comensais admitidos deberán entregar debidamente cuberto o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos. O modelo-impreso facilitase no centro ou pódese descargar desta páxina web.
Sada a 4 de xullo de 2014.
Servizo de comedor escolar para o curso 2014-2015. Resolución provisional de admitidos.
Enviado por admin o Ven, 27/06/2014 - 11:22Resolución provisional de alumnos admitidos para o curso 2014 - 2015 no servizo de comedor escolar.
Os/as interesados/as poderán presentar reclamacións contra a presente resolución ante o consello escolar do centro no prazo de cinco días hábiles, contados a partir da data de publicación.
As familias dos comensais admitidos deberán entregar debidamente cuberto o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos. O modelo-impreso facilitase no centro ou pódese descargar desta páxina web.
Sada a 27 de xuño de 2014.
Listados transporte escolar
Enviado por admin o Ven, 27/06/2014 - 11:11
Está previsto que contemos con servizo de transporte escolar mentres esteamos no Albergue da Marina. Nos listados especifícanse os horarios do transporte e o número do autobús que corresponde a cada solicitante. A información ten carácter provisional xa que nos falta a confirmación da Consellería polo que podería haber variacións. Sada a 27 de xuño de 2014. |
Lista de libros de texto para o curso 2014-2015
Enviado por admin o Dom, 15/06/2014 - 22:00Letras Letriñas 2014
Enviado por admin o Xov, 12/06/2014 - 20:37Para poder acceder aos enlaces que contén o documento debe descargalo previamente. Unha vez descargado, e desde Adobe Acrobat, xa funcionarán os enlaces que se inclúen na publicación. Para descargar Letras Letriñas pique aquí. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »