Transporte escolar: Acordos do Consello Escolar
O Consello Escolar do Centro reunido en sesión extraordinaria o 9 de setembro de 2014 acordou:
1. Esixir á Consellería de Educación e ao Concello de Sada que cumpra o compromiso de facilitar servizo de transporte escolar a todas as familias que o solicitaron no mes de xuño, entendendo que se ten dereito ao mesmo en base ás circunstancias extraordinarias polo traslado forzoso de instalacións. Hai catro anos por unhas circunstancias similares contouse con servizo de transporte.
2. Acordouse que o único autobús que pon o Concello de Sada, con parada en Fontán, sexa utilizado polos alumnos que solicitaron esa parada no mes de xuño e que figuran nos listados dos autobuses 1 e 3. As restantes prazas serán adxudicadas polo Consello Escolar tomando como criterio a distancia desde o domicilio familiar ao Albergue. A Resolución publicarase a principios da próxima semana na web do colexio e nos taboleiros de anuncios do Albergue e do centro.