Entrega de agasallos da biblioteca
Enviado por admin o Lun, 01/12/2014 - 20:04
Continuando co proxecto da Biblioteca: "ILLA FANTASÍA", e co estandar de promocionar a lectura e a escritura, este venres 28 de novembro tivemos a visita do Alcalde de Sada, Ernesto Anido, que respondeu a diversas preguntas sobre a importancia de saber escribir e ler. Aproveitando a súa visita ,fixo entrega xunto con persoal da biblioteca municipal, duns agasallos ao alumnado participante neste proxecto. Desde aqui, o equipo de biblioteca, felicita a todo o alumnado pola particicipación nesta actividade e en especial aos "blogueiros", rapaces/as de 6º e 5º, que fan un bo uso do blogue |
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR: PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS ELECTAS
Enviado por admin o Mér, 26/11/2014 - 09:45Proclamación de candidatos electos.
a) Representantes dos pais
Despois do escrutinio realizado pola Mesa electoral para elección dos representantes dos paiS proclámase como candidatos electos ao Consello Escolar:
-D. Manuel Fernández Arrojo
-Da. Ana Lucía González Castro
-D. Miguel Agrelo Suárez
b) Representantes do profesorado
Do resultado da votación para a elección dos representantes do profesorado celebrada en Claustro extraordinario proclámanse como candidatos electos para cubrir os dous postos correspondentes a esta renovación, segundo acta remitida a esta Xunta Electoral:
-Da. Oliva Blanco Díez
-Da. Esperanza Arias Ferreiro
En terceiro lugar proclámase a:
-Da. Mª Luisa Ricoy Lamas
Esta última cubrirá un posto vacantes no sector do profesorado que quedou sen cubrir por falta de candidatos na elección realizada no ano 2012 e con mandato ata a próxima renovación no ano 2016.
Representante do persoal de administración e servizos
Como representante do persoal de administración e servizos, segundo acta remitida a esta Xunta Electoral:
-Da. Patricia Lobato Álvarez
Representante do Concello de Sada
Como representante do Concello de Sada, foi designada:
-Da. Soraya Salorio Porral.
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mér, 05/11/2014 - 15:06
O Consello Escolar é o máximo órgano de xestión do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, participando conxuntamente na toma de decisións. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do Centro anímase a todos a participar neste proceso electoral. Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes das nais e pais e 2 dos profesores no Consello Escolar do centro e o representante do persoal de administración e servizos. A Xunta Electoral reunida o 4 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral: DO 6 AO 14 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive) -Exposición dos censos electorais de nais e pais, profesores, persoal non docente e período de reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro e da sala de profesores respectivamente. -Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar. O prazo remata o día 14 ás 14 horas. Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro. Impreso para presentación de candidatura Impreso para reclamación ao censo 18 DE NOVEMBRO -Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas, sobres,... -Publicación de candidaturas. -Publicación definitiva do censo electoral. -Sorteo público, ás 16,30 horas na entrada do Albergue, para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais 25 DE NOVEMBRO -Votacións. A votación de nais e pais terá lugar no Albergue de 16,30 a 18,30 horas. Sada a 5 de novembro de 2014. |
Visita á Fundación Mª José Jove
Enviado por admin o Lun, 13/10/2014 - 09:37O alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos de educación primaria realizaron unha visita á Fundación Mª José Jove o día 8 de outubro de 2014 |
Horario autobuses e autorización recollida transporte escolar
Enviado por admin o Mér, 24/09/2014 - 10:41Listados definitivos transporte
Enviado por admin o Lun, 22/09/2014 - 20:29Mañá martes 23 de setembro iniciase o servizo de transporte. Os horarios previstos do servizo de autobuses é o seguinte:
Pola mañá:
Autobús nº 1: Saída 8,35 de Fontán e 8,40 diante Hotel.
Autobús nº 2 (desdobre): Saída 8,45 diante Hotel.
Autobús nº 3: Saída 8,40 de Fontán e 8,45 diante Hotel.
Ao mediodía:
Autobús nº 2: Sae 14:00 do colexio ao Hotel.
Autobús nº 1(desdobre) : Saída 14:10 do colexio ao Hotel e a Fontán.
Autobús nº 3: Saída 14:00 do colexio a Mosteirón. Chegada ao Hotel ás 15:45 ao remate do comedor.
Transporte: o martes 23 de setembro iniciase do servizo. Listados provisionais.
Enviado por admin o Ven, 19/09/2014 - 12:20O luns 22 de setembro, a partir das 17 horas, atenderase persoalmente ás familias no Albergue para tratar de corrixir os erros que puidera haber nos listados provisionais.
Ese mesmo día a última hora quedarán expostos os listados definitivos para empezar a funcionar o martes 23 o servizo de transporte.
Adxudicación prazas no autobús de Fontán
Enviado por admin o Mar, 16/09/2014 - 17:58Convocatoria de axudas do Concello de Sada curso 2014 2015
Enviado por admin o Mar, 16/09/2014 - 12:49- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »