ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2014-2015 – LISTADO DE ADMITIDOS

Segundo o disposto no artigo 9.1 do DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26/12/2012) procédese a admisión a todos os alumnos que solicitaron praza neste centro para o curso 2013-2014 e que se relacionan a continuación:

4º curso de educación infantil

1. Lodeiro Alonso, Sofía

2. Monzo Costas, Julia Michelle

3. Rey Maceiras, Diego

4. Un Wang, Eric

5. Díaz López, Antón

6. Fall, Awa

7. Fuente Martínez, Martín

8. García Rey, Vera

Contra esta resolución os interesados dispoñen dun prazo de reclamacións de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación .

Sada a 24 de marzo de 2014.

O director: Miguel Gayoso Barreiro

Día da árbore nas Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo

Os 17 concellos que integran a reserva da biosfera Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo realizaron hoxe unha plantación simultánea para celebrar o primeiro Día da Árbore dende a resolución da Unesco. Os concellos plantaron ás 12.00 horas exemplares de castaño, cedidos pola Xunta, acompañados por escolares. Ao final da celebración lese un manifesto en que a reserva se compromete coa busca do desenvolvemento sostible. O Concello de Sada tamén se sumou a esta iniciativa e nela participou o noso centro. Os nenos e nenas de 6º curso de primaria plantaron 7 castiñeiros nas proximidades do centro de día de Sada, na parroquia de Quintán.

Actividade de voluntariado na Biblioteca Municipal.

Os alumnos de 6º curso de educación primaria participantes nun proxecto de voluntariado colabora coa Biblioteca Municipal Pintor Llorens en actividades de animación á lectura dirixidas aos alumnos de 6º curso de educación infantil do noso colexio.

Dentro do proxecto de animación lectora "Onde nacen os libros", os nenos e nenas de 6º colaboraron axudando a facer unha selección de lecturas e tamén a realizar traballos de plástica para ambientar o local onde vai ter lugar a actividade cos alumnos de educación infantil.

 

Admisión de alumnos para o curso 2014 - 2015

Información do proceso. Calendario, prazos de presentación de solicitudes e documentación, normativa, prazas, servizos que oferta o centro... 
Anexo II. Impreso de solicitude de praza.
Anexo III. Impreso de formalización de matrícula.
Decreto 254/2012.
Orde do 12 de marzo de 2013 e corrección de erros á Orde
Instrucións da Dirección Xeral de Centros e R. H.
Instrucións da Xefatura Territorial da Coruña.
Proxecto educativo.
Tríptico informativo sobre o centro e video das instalacións.
Díptico informativo da ANPA As Mariñas.
Plano de situación do centro.
Enlace á web da Consellería. Información sobre o proceso de admisión para o curso 2014-2015

Chegou o Entroido

Chegou o Entroido e con el o mandón do Meco que nos manda traer cada día cunha cousa máis...

Navega con rumbo

Mariano, profesor da Facultade de informática, deunos unha charla sobre a navegación en Internet. As posibilidades que nos ofrece a Rede, as precaucións que debemos tomar e os perigos que podemos atopar. Tamén nos explicou que nestas dúas páxinas temos moitos consellos e axuda:  Navega con rumbo e Pantallas amigas

Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Díada Paz. Neste ano quixemos render unha homenaxe ao recentemente falecido Nelson Mandela.
 

Plan Director de Covivencia

Dentro do Plan Director de Convivencia tiveron lugar dúas charlas dirixidas ao alumnado do 3º ciclo de educación primaria.A primeira foi sobre o acoso escolar e a segunda sobre violencia de xénero.

As charlas foron impartidas por Jesús e Fernando, formadores da Garda Civil, e Toñi, psicóloga do Concello de Sada.

Chegou o Nadal!

Actividades de educación física

Xornada de atletismo benéfica  en favor de Cáritas

O pasado domingo 15 de Decembro o Clube Atletismo Sada organizou unha xornada de atletismo con carácter benéfico a favor de Cáritas no que participaron nenos/as de diferentes localidades.
O CEIP Sada y sus Contornos sumouse a esta iniciativa e os nosos nenos/as realizaron gran variedade de probas atléticas: salto de altura, carreira de velocidade, lanzamento de balón... para a través do deporte mostrar a súa cara máis solidaria.



ReciclaXogo
A área de E.F. puso en marcha a actividade ReciclaXogo para espertar no alumnado o espírito crítico ante o feito de consumir (que se acentúa nas datas que se aproximan). Se conseguimos que os nenos/ás gocen e aprendan a partir dos obxectos que eles mesmos crearon con material de refugallo, quizais comprendan que a diversión non ten que estar relacionada co diñeiro gastado.
Na casa os nenos/as elaboraron distintos materiais para posteriormente utilizarlos nas clases de E.F. En primeiro ciclo xogaron con latas decoradas, en 3º construiron recollebolas e en 4º elaboraron palas con cartón. Aquí tedes os resultados do seu esforzo e entusiasmo.




Latas 1º
Latas 2º
Recollebolas 3º
Palas 4º
Distribuir contido