Navega con rumbo.

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Un dos obxectivos do programa ABALAR é a formación nunha navegación segura. O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais. As guías pódense visualizar e descargar aquí.

O día 19 de decembro de 2012 estivo no noso colexio Marcos, do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para explicar aos nenos e nenas de 5º  6º curso de educación primaria como deben realizar unha navegación segura por Internet.