Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar

 

Dentro das actividades programadas polo Observatorio de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, ofértanse á Comunidade Educativa dúas charlas do Plan Director para a Convivencia.

O “III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar”, ao igual que en anos anteriores, ofrece aos centros educativos durante o curso 2012-2013 a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial desenvolvida nos centros.

Neste curso no noso centro impartiranse charlas sobre dous temas:

-Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

-Consumo e tráfico de drogas.

Os días 16 e 23 de xaneiro, en horario lectivo, impartiranse dúas charlas dirixidas aos alumnos do 3º ciclo de educación primaria.

Escola de nais e pais.

Os martes 15 e 22 de xaneiro de 2013 ás 19 horas haberá dúas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado sobre os temas citados : 

Día 15. Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

Día 22. Consumo e tráfico de drogas.

INSCRICIÓN. Para participar nas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado é necesario inscribirse nas mesmas. Esta inscrición deberá formalizarse por correo electrónico ao enderezo ceip.sada@gmail.com ata o luns 14 de xaneiro inclusive.

No correo indicarase o nome e apelidos da persoa ou persoas que solicitan asistir e o día ou días que asistirán ás charlas. De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade, o que se comunicaría aos solicitantes.

Sada a 11 de xaneiro de 2013.