23 de abril: Día do libro

O 23 de abril celebramos o Día do Libro.

Por que se celebra o Día do Libro o 23 de abril? Se queres sabelo pica aquí.

Tríptico con lecturas recomendadas. Para descargalo pica aquí.

Educación para a saúde: Saúde bucodental

Xornada de convivencia en Mondego

A través do programa XOGADE os alumnos de 3º e 4º cursos de educación primaria participaron nunha xornada de xogos e convivencia no CEIP Pedro Barrié de la Maza en Mondego. Participaron os nenos e nenas do segundo ciclo de educación primaria dos dous colexios practicando diversos xogos populares.

Coidando o noso mar

Visita ao CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) no castelo de Santa Cruz (Oleiros) dos alumnos de 3º ciclo de educación primaria. Esta viaxe forma parte do programa de educación ambiental “Coidando o noso mar” do que xa se levou a cabo unha primeira actividade, que consistiu nunha exposición itinerante de 5 paneis informativos que estiveron na entrada do centro. Centrábanse na problemática dos residuos e na necesidade de conservar os ecosistemas mariños do litoral galego.

Para máis información sobre este programa piqcar aquí.

Un conto con Suso Cubeiro

O ilustrador Suso Cubeiro contounos un bonito conto. Os nenos e nenas de educación infantil estivemos moi atentos e debuxamos o conto con Suso.

Novos materiais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Novos materiais editados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro:

Por que é bo que aprendas ben o galego?

As emocións 

Estes e outros materiais editados en anteriores cursos poderedes atopalos en:

En galego: Materiais en galego

Admisión de alumnos para o curso 2012 2013

Información e documentación do proceso de admisión do alumnado para o curso 2012 2013. Para acceder pique aquí.

 

Entroido: Sada nos anos 20

O 17 de febreiro celebramos a Festa do Entroido lembrando como era Sada nos anos 20 do pasado século. Por aqueles anos foi cando se fixo o noso colexio, se inaugurou o tranvía, veu a Terraza para Sada, publicábase a revista Mariñana, Manuel Lugris escribía historias e poesías de Sada, emigraban sadenses a Nova York, viñan bañistas a tomar os baños, maestras e inspectores daquela época, bailes e atuendos deses anos, anuncios, historias de merlos e de caciques, rap "S de Sada",... Para rematar filloas, orellas e rosquiñas.

Menuda festa!

Paraugas pola Paz

Celebramos o 30 de xaneiro, Día da Paz, cos "paraugas pola Paz". Para que choiva a Paz en todo o mundo.

Visita de dous xogadores do Depor: Borja e Songo´o

Capitáns Solidarios é un proxecto educativo creado por AFE e UNICEF, destinado a concienciar aos máis novos, sobre a importancia da nutrición, os hábitos saudables, os valores do deporte, a convivencia e a solidariedade e que leva a cabo en distintos centros educativos.
O 24 de xaneiro dous xogadores do Deportivo da Coruña, Borja e Songo´o, visitaron o noso centro. Os alumnos de 5º e 6º cursos de primaria expuxeron aos xogadores as actividades realizadas.
A nova da visita foi amplamente seguida polos medios de comunicación. Se queredes ver as novas aparecidas na prensa e na televisión visita os blogues de 6º de primaria sexteando e o da biblioteca do ceip "Sada y sus Contornos".
Distribuir contido