ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.

Segundo se contempla na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, artigo 26.4 “Cando o alumnado teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición, pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva (formulario normalizado ED550A que se remitiu hoxe a través do alumnado) no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e indicará o centro de adscrición que solicita”.

Tamén se poderá cumprimentar a solicitude través da aplicación admisionalumnado que deberán imprimir e entregar posteriormente na Secretaría deste centro: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  

A solicitude de reserva tamén se poderá formalizar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, incluída a Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Xunto coa solicitude hai que presentar copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras. 

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza. O prazo de presentación de solicitudes de reserva remata o 6 de febreiro.

En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a, ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, así como a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada en día 28 de febreiro (este incluído), poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde de 21 de outubro de 2022.