CURSO 2024 2025: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Está publicada a listaxe provisional de admitidos/as no servizo de comedor para o curso 2024 2025 na páxina web do concello de Sada https://www.sada.gal/servizo-de-comedor-no-ceip-sada-y-contornos-curso-2024-2025, no taboleiro da OMIX e no taboleiro interior do centro.
Todas as solicitudes presentadas están admitidas a excepción de 5 que están pendente de subsanación. Prazo subsanación: 5 días naturais a partir do día seguinte a da publicación desta listaxe na web municipal. A documentación requirida para subsanar debe ser aportada a través do rexistro (presencial ou sede electrónica).
A listaxe definitiva publicarase proximamente na páxina web do concello, polo que as persoas interesadas deberán estar pendentes da mesma.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Aquí toda a información sobre as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o vindeiro curso. O prazo de inscripción é ata o 31 de Xullo. A partir desa data, poderase inscribir só se hai prazas libres. Formulario de inscrición.