Programa DIGITALWEEK: Participación alumnado 6º de Educación Primaria
No día de onte, 26 de setembro, publicouse no portal educativo a Resolución definitiva da selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek http://www.edu.xunta.gal/portal/node/38030 na que o noso centro é un dos incluídos.
O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as suas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa a través de actividades dixitais. Así mesmo, contará con actividades accións formativas non só académicas senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico do contexto galego cunha metodoloxía adecuada á sua etapa educativa.
A actividade será de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolverase no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo, do 9 ao 15 de outubro.