A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo

A Deputación Provincial da Coruña, en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Sada, leva a cabo a campaña "Coa lingua fóra" para a promoción e fomento da Lingua Galega. Dentro desta campaña os alumnos de 1º, 2º e 3º cursos de Primaria asistiron á representación da compañía teatral Duende Sico "A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo".

"O primeiro día de clase, a mestra dona Tomasa díxolles aos seus alumnos que ela sempre trataba a todos por igual, que non tiña preferencias nin tampouco maltrataba nin desprezaba a ninguén. Axiña comprendeu o difícil que lle ía a resultar cumprir as súas palabras. Tivera alumnos difíciles, pero ninguén como Pedrito. 

Chegaba ao colexio sucio, non facía as tarefas, pasaba todo o tempo molestando ou dormitando, era unha verdadeira dor de cabeza.  Un día non aguantou xa máis e dirixiuse á dirección..."

Clique na imaxe para ver as fotos da actividade.