Animación á lectura: O cociñeiro Martiño
Enviado por admin o Mar, 31/01/2017 - 22:20
No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.
O cociñeiro Martiño estivo coas nenas e nenos de 1º e 2º cursos de Educación Primaria na biblioteca do noso colexio.
Picando na imaxe pódense ver as fotografías de Martiño.