Festa do Entroido

Este ano celebramos o Entroido pequeno en Illa Fantasía cun grande baile que  todos os anos se organiza no Castelo do Gobernador.

Damas e cabaleiros, trasnos e fadas, piratas, sereas,quenllas, cabaliños de mar, mouchos e curuxas, magos… todos estaban invitados….todos agás as bruxas…que sempre tentan “fastidiar” a festa…mais iso é outra historia…..

Agradecemos a colaboración de Carlos Fernández que nos fixo un magnífico vídeo do Festival.

Picade na imaxe se queredes ver as fotografías.