Comedor: circulares, menú,...
COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021 2022
Enviado por admin o Xov, 01/07/2021 - 10:48Comeza o período de inscrición no servizo de comedor do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2021-2022, no que se ofertan 50 prazas para todas aquelas familias que se queiran ver beneficiadas polo mesmo. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada.
Este ano tamén ofértase o servizo de madrugadores, que en función da demanda e das posibilidades organizativas do centro levarase a cabo.
O prazo de entrega de solicitudes e da documentación requerida comeza o luns 05 de xullo do 2021 e remata o venres 23 de xullo de 2021. A documentación entregarase no rexistro de entrada do concello, mediante cita previa (Teléfono 981620075), sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica https://sede.sada.gal.
No caso de que existise maior demanda que prazas ofertadas, unha vez publicada a listaxe provisional de admitidos abrirase un prazo de reclamación de cinco días naturais. Transcorridos os mesmos e valoradas as alegacións publicarase a listaxe definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2021/22.
Prezo máximo do menú comedor alumno x día = 3,50 €.
O prezo do servizo de comedor pode ser susceptible das distintas bonificacións ás que se poda optar por parte da unidade familiar.
Prezo do servizo de madrugadores:
- Sen almorzo alumno x día = 1,40 (modalidade usuario esporádico 2€).
- Con almorzo alumno x día = 2,35 (modalidade usuario esporádico 3€).
O prezo do servizo de madrugadores non conta con bonificacións.
Enlace á páxina web do Concello de Sada coa información
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 2021: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E CONFIRMACIÓN DE PRAZA
Enviado por admin o Mar, 25/08/2020 - 09:25O Concello de Sada publicou a relación de solicitudes admitidas ás que se lles adxudica praza no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2020/2021.
As persoas admitidas terán que confirmar a praza concedida ou perderán o dereito á mesma. A solicitude confirmando a praza poderá facerse de dous xeitos, ben a través da sede electrónica ou ben entregando o impreso (dispoñible na web do Concello no enlace anterior) en rexistro, sen necesidade de solicitar cita previa. O prazo de confirmación remata o venres 28 de agosto.
Tamén publicou as solicitudes en listaxe de agarda.
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 2021: LISTAXE DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS
Enviado por admin o Ven, 07/08/2020 - 12:29O Concello de Sada informou da publicación na súa páxina web das listaxes de solicitudes de persoas admitidas e non admitidas no comedor escolar, tendo estas últimas de prazo ata o venres 14 de agosto para entregar a documentación que lles falta e que se indica na listaxe. No caso contrario, non serán admitidos no comedor.
Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono do Concello de Sada 981 620 075.
COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020 2021
Enviado por admin o Lun, 15/06/2020 - 13:19Ábrese o período de inscrición no servizo de comedor do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2020-2021, no que se ofertan 50 prazas para todas aquelas familias que se queiran ver beneficiadas polo mesmo. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada.
O prazo de entrega de documentación comeza hoxe, luns 15 de xuño, e remata o venres 10 de xullo. A documentación entregarase no rexistro de entrada do concello, mediante cita previa, sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica https://sede.sada.gal/opencms/es/index.html
COMEDOR ESCOLAR 19-20 : RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO
Enviado por admin o Sáb, 26/10/2019 - 11:48O Concello de Sada rematado o prazo de presentación de solicitudes para a utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020 informou da admisión do seguinte alumnado:
Relación de admitidos no servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020
COMEDOR ESCOLAR: NOTA INFORMATIVA E FORMULARIO PRE-SOLICITUDE
Enviado por admin o Xov, 29/08/2019 - 16:12Durante estes meses o Concello realizou os trámites pertinentes para a posta en marcha do comedor escolar para o curso 2019/2020.
Nestes momentos falta a aprobación por parte do Consello da Xunta, que en principio será o vindeiro 5 de setembro. En canto o trámite burocrático e administrativo estea solucionado, iniciarase o proceso de admisión de usuarios que realizará o Concello para comezar co servizo pero, dados estes prazos, ata ou inicio de outubro non será posible.
De todos os xeitos, adiantamos que o custo aproximado do mesmo sería duns 3,5 euros por día, sempre que o comedor conte cun mínimo de 45 usuarios/as. O Concello de Sada garante a prestación do servizo de comedor aos usuarios interesados cun máximo de 50 prazas.
Coa fin de ter unha estimación dos usuarios deste servizo é necesario cubrir o seguinte formulario de pre-solicitude:
Formulario pre-solicitude comedor
COMEDOR ESCOLAR 2018-2019. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS
Enviado por admin o Xov, 05/07/2018 - 18:11Resolución definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2018-2019.
Publícase a Resolución definitiva de alumnado admitido como usuario de comedor para o curso 2018-2019. Os interesados poderán presentar recurso de alzada contra a presente Resolución ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes a partir da publicación da mesma.
Sada a 6 de xullo de 2018.
Resolución provisional de admitidos no servizo de comedor para o curso 2018-2019.
Os interesados poderán presentar reclamacións contra a presente Resolución ante o Consello Escolar nun prazo de cinco días a partir da publicación da mesma.
Sada a 28 de xuño de 2018.
SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Mar, 05/06/2018 - 18:13O servizo de comedor para o curso 2018-2019 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón. O desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 46 e, se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.
O prazo para a presentación de solicitudes, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso, será do 7 ao 25 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro. Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración.
A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 11 de setembro de 2018.
Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, antes do 1 de xullo, a lista provisional de admitidos para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas.
SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR
O Consello Escolar do centro procederá a admisión no servizo de comedor respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:
-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.
-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe dos Servizos Sociais do concello.
-Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.
-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía acreditada documentalmente, mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores.
-Outro alumnado do centro.
Documentos:
Impreso para solicitude do servizo de comedor.
Impreso de autodeclaración e Instrucións para cumprimentar o impreso de autodeclaración.
COMEDOR ESCOLAR 2017-2018. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS
Enviado por admin o Xov, 06/07/2017 - 09:11Resolución definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2017-2018.
Publícase a Resolución definitiva de alumnado admitido como usuario de comedor para o curso 2017-2018. Os interesados poderán presentar recurso de alzada contra a presente Resolución ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes a partir da publicación da mesma.
Sada a 6 de xullo de 2017.
Resolución provisional de admitidos no servizo de comedor para o curso 2017-2018.
Os interesados poderán presentar reclamacións contra a presente Resolución ante o Consello Escolar nun prazo de cinco días a partir da publicación da mesma.
Sada a 30 de xuño de 2017.