COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020 2021: LISTAXE DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS
Enviado por admin o Ven, 07/08/2020 - 12:29
O Concello de Sada informou da publicación na súa páxina web das listaxes de solicitudes de persoas admitidas e non admitidas no comedor escolar, tendo estas últimas de prazo ata o venres 14 de agosto para entregar a documentación que lles falta e que se indica na listaxe. No caso contrario, non serán admitidos no comedor.
Para calquera dúbida, poden chamar ao teléfono do Concello de Sada 981 620 075.