SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019
O servizo de comedor para o curso 2018-2019 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón. O desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 46 e, se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.
O prazo para a presentación de solicitudes, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso, será do 7 ao 25 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro. Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración.
A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 11 de setembro de 2018.
Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, antes do 1 de xullo, a lista provisional de admitidos para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas.
SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR
O Consello Escolar do centro procederá a admisión no servizo de comedor respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:
-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.
-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe dos Servizos Sociais do concello.
-Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.
-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía acreditada documentalmente, mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores.
-Outro alumnado do centro.
Documentos:
Impreso para solicitude do servizo de comedor.
Impreso de autodeclaración e Instrucións para cumprimentar o impreso de autodeclaración.