Skip to Content

Blogue de monicas

TALLER SOBRE DIVERSIDADE

ESTE VENRES TIVEMOS A VISITA DAS MESTRAS EN PRÁCTICAS, SARA E SILVIA, ACOMPAÑADAS DE ISAURA, A ORIENTADORA. 

QUERÍAN FACER UN TALLER SOBRE DIVERSIDADE. COMEZARON CO LECTURA DO CONTO TITULADO "ROJO", DE MICHAEL HALL, ed. TAKATUKA (versaba sobre unha cera que lle chamaban "rojo" pero ela pintaba azul, non era aceptada polas demais ceras porque lle encargaban pintar de rojo e ela pintaba de azul, ata que finalmente aceptan tal como pinta)

DIALOGARON SOBRE OS VALORES QUE TRANSMITE ( EMPATÍA, RESPECTO, DIVERSIDADE, IGUALDADE, AMIZADE), AS EMOCIÓNS QUE SE ASOCIAN A CADA ACCIÓN QUE LLE ACONTECÍA Á PROTAGONISTA, TRASLADANDO A OUTROS MOMENTOS REAIS QUE AS PROPIAS CRIANZAS LLES PODÍA ACONTECER. FORON REFLEXIÓNS INTERESANTES AS QUE XURDIRON NESTE DIÁLOGO. COMPUXERON OS NOMES DOS VALORES TRABALLADOS.

 

FINALMENTE, REMATARON CO XOGO DA TELARAÑA, PARA TRABALLAR A CONCIENCIA DE GRUPO ( CADA UN LANZABA A LÁ A UN COMPI PERO DEBÍA DICIRLLE UNHA PALABRA POSITIVA)

 

COMO NOS GUSTARÍA?

AS CRIANZAS DE INFANTIL QUEREN  NOVOS ELEMENTOS DE XOGO NO SEU PATIO.

NO NOSO GRUPO, USANDO OS VIMBIOS, QUE NOS APORTARON FAMILIAS, QUERÍAN UNHA CASIÑA, UN TÚNEL, UNHA CUEVA,... PARA XOGAR.

ESTES SON ALGÚNS DESEÑOS DE COMO LLES GUSTARÍAN:

 

  

  

E LOGO COA AXUDA DO GRAN ERNESTO, COMEZAMOS A DALLE FORMA, NO PROPIO ESPAZO

OXALÁ PRENDAN E BROTEN AXIÑA PARA XOGAR MOITO.

 

 

MOITOSSSS PARABÉNSSSS

  XA INICIAMOS OS ANIVERSARIOS NESTE ANO, PARA CAMBIAR DE CARDINAL, COA NOSA COMPAÑEIRA KIARA, QUE XA CUMPLIU 6 ANIÑOS

OOOH!, É A NOSA COMPI MAIOR DA CLASESorriso

MOITOSSSSSSSSSSSS PARABÉNSSSSSSSSSSSS LINDA KIARA!!!SorrisoBeso

                     

PROXECTO AVES: INVESTIGANDO SOBRE AS AVES

NUN HORTO PODEN ATOPARSE MOITOS SERES VIVOS, PERO QUE SON?

BASEÁNDOSE NESTA CUESTIÓN, PRETENDEMOS INVESTIGAR DURANTE OS VINDEIROS MESES SOBRE ESTE TEMÁTICA. CONSIDERAMOS COMEZAR POLAS AVES PORQUE INICIAMOS O SEU COÑECEMENTO ALÓ POLO DÍA DA CANDELORIA, XA QUE SE DI QUE É O DÍA DO CASAMENTO DOS PAXAROS, "A PARTIR DA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOA",...

-- BUSCAMOS LIBROS NA BIBLIOTECA SOBRE PAXAROS E ANDAMOS LENDO INFORMACIÓN SOBRE ESTES ANIMAIS: AS SÚAS PARTES E CARACTERÍSTICAS, COMO SON E COMO FAN AS SÚAS CASAS- OS NIÑOS, O SEU CANTO, O SEUS OVOS, APAREAMENTOS, HÁBITAT, ...

-- VISIONAMOS BITS PARA IR COÑECENDO OS SEUS NOMES E IR DESCUBRINDO CARACTERÍSTICAS DALGÚNS, XA QUE SON MOITAS AS ESPECIES DE AVES QUE EXISTEN. APROVEITAMOS A COMPOÑER O SEU NOME CON LETRAS MÓVILES-- PRACTICANDO LECTURA

-- VISIONADO DE VIDEOS NOS QUE DESCUBRIR INFORMACIÓN E COMO É O COMPORTAMENTO E CANTO DALGUNHAS AVES

 

   * QUE SABEMOS DAS SÚAS PARTES?--- COÑECEMENTOS PREVIOS-- PRACTICANDO ESCRITURA DE XEITO CONTEXTUALIZADO E RESPECTANDO A ETAPA NA QUE SE ATOPA CADA CRIANZA

 

 

 

-- PARA UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO, FIXEMOS UNHA POSTA EN COMÚN DOS PAXAROS QUE COÑECIAMOS OU QUE NOS SOABAN OS SEUS NOMES, BEN FOSE EN GALEGO OU EN CASTELÁN

-- LOGO POR PARELLAS ESCOLLERON UN PAXARO PARA INVESTIGAR, RECOLLER INFORMACIÓN E LOGO CONTARLLA AOS DEMAIS COMPAÑEIR@S

 

-- BITS E COMPOSICIÓN DOS SEUS NOMES

 

  

 

MUDANDO O PATIO DO COLE

COMO XA COMENTAMOS QUE, NESTE CURSO, IMOS MONTAR UN HORTO ECOLÓXICO NO NOSO COLE, ENTRE OUTRAS NOVIDADES. POIS ANDAMOS A MATINAR COMO SE PODE FACER UN PATIO MÁIS DINÁMICO, MÁIS VIVO, MÁIS ENRIQUECEDOR NO QUE XOGAR E GOZAR NOS MOMENTOS DE LECER.

COMO ESTE GRUPO, DE CARA AO VINDEIRO CURSO, PASARÁ A USAR O PATIO GRANDE, TAMÉN PARTICIPAMOS EN SUXESTIÓNS E PROPOSTAS DE MELLORAS QUE LLES GUSTARÍA. PARA ISO, DEMOS UN PASEO POLO PATIO, PARA TOMAR CONCIENCIA IN SITU, DE COMO SON OS ESPAZOS, E LOGO AXUDARLLES A COLOCAR SOBRE UN PLANO DO PATIO, AS IDEAS QUE PROPUXERAN, QUE CERTAMENTE FORON BASTANTE E COHERENTES: FLORES, BANCOS, CASIÑA NA ÁRBORE CON BONECOS E DISFRACES, UNHA ZONA PARA PINTAR, UN  AREEIRO, MÁIS COLUMPIOS E TOBOGÁNS, AÍNDA QUE OUTRAS IDEAS NON TAN ASEQUIBLES PARA O COLE COMO UNHA PISTA DE XEOSorriso

 

OS BANCAIS PARA O HORTO XA ESTÁN MONTADOS, PERO ANTES DE RECHEALOS DE TERRA, PENSAMOS POÑER DE FONDO UNHAS PEDRAS PARA DRENAR CANDO CHOVA MOITO. PARA ISO APROVEITAMOS A RECOLLER AS PEDRAS QUE HAI POLO PATIO ADIANTE

 

QUE NÚMERO REPRESENTAN AS REGRETAS

COÑECENDO E MANIPULANDO UN NOVO MATERIAL; A REGRETAS. CON ESTE MATERIAL CONTRIBUÍMOS O DESENVOLVEMENTO LÓXICO MATEMÁTICO E O A TOMA DE CONCIENCIA DAS CANTIDADES REPRESENTADAS NAS REGRETAS; UN MATERIAL NO QUE CADA REGRETA TEN UNHA MEDIDA E UNHA COR ASOCIADA QUE LLES PERMITE AO ALUMNADO FACER SUMA DE CANTIDADES, QUE DEAN O MESMO RESULTADO.

ADEMAIS PERMITE IGUALMENTE ADAPTARSE AO MADUREZ DE CADA CRIANZA, POIS ALGÚNS XA COÑECEN O VALOR DE CADA UNHA E OUTR@S PRECISAN COMPROBALO USANDO AS REGRETAS QUE VALEN 1, AS BRANCAS, E CONTANDO CANTAS PRECISA PARA ATOPAR O VALOR DE CADA UNHA DAS DEMAIS REGRETAS

POR EXEMPLO, A REPRESENTACIÓN DO Nº 8 (REGRETA MARRÓN)

 

       REXISTRO DE SUMAS:

REPRESENTACIÓN DO Nº 10 (REGRETA DE COR LARANXA)

   

          REXISTRO DE SUMAS:

 

PATACA DO AIRE

A NOSA COMPAÑEIRA JULIA TROUXO UN FROITO POUCO COÑECIDO NA NOSA CONTORNA, UNHA "PATACA DO AIRE". É UNHA PLANTA ENREDADERA ORIXINARIA DO PAÍS AMERICANO

XA HAI TEMPO QUE A TIÑAMOS NA AULA E XA ESTABA XERMINANDO, POLO QUE PROBAMOS A PLANTALA E AGORA TOCA ESPERAR E OBSERVAR COMO VAI EVOLUCIONANDO A SÚA ADAPTACIÓN AO NOSO MEDIO E COMO VAI BROTANDO.

COMO NOS DIXERON QUE ERA UNHA PLANTA TREPADORA, PRECISABA TER UNHA PAREDE OU ALAMBRADO POLO QUE LOGO ENREDARSE E SUXEITARSE, POLO QUE, COA AXUDA DE ERNESTO E UNHAS POLAS, FIXÉMOSLLE UNHA ESTRUCTRURA

SEMENTAR SEMENTAREI

Xa pasou a Candeloria, polo que hai que comezar a facer as sementeiras das verduras e hortalizas que logo queremos plantar no noso horto, que xa está a piques de iniciar a súa montaxe.Sorriso

Un grupo de infantil, coa axuda ademais de Sarai e Silvia, dúas rapazas en prácticas no departamento de orientación, comezou a facer a sementeiras de varias hortalizas: leituga rizada, lentellas, fabas, chícharos, pementos de Padrón, tomates, espinacas, porros, repolo de cores, e tamén pipas de xirasol.

Tamén aproveitamos a reutilizar materiais usando: botes de iogur, macetas usadas e oveiras para facer as sementeiras

  

   


As sementeiras xa están feitas, agora toca agardar e vixiar o seu xerminar!!!

Non quixemos esquecernos que tamén é moi importante repoblar os montes con novas árbores, para contribuir ao coidado da nosa contorna natural, polo que plantamos castañas e landras; esperamos que xerminen e logo buscarlles un lugar no patio do colexio ou na carballeira colindante

E tamén probamos a xeminar as sementes dunha mazá, aproveitamos a froita da merenda dunha crianza:

1- Quitamos as pipas, deixámolas a abrandar en auga,

2- quitámoslle a cáscara exterior, que é máis dura, para favorecer a xerminación dun xeito máis rápido,

3- humedecemos un papel, introducímolas dentro do mesmo e

4- gardámolas nun taper frente á ventá. 

    

 

Agora toca esperar a ver se o proceso chega ao seu fin!!

 

DÍA DA CANDELORIA

" POLA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOA"

O pasado 2 de febreiro, como cada ano, conmemorouse o Día da Candeloria, e nós non podíamos deixar pasar unha data que antaño foi moi significativa no calendario agrícola, mariñeiro e a nivel da natureza. Pois a partir desa data, comezaban os agricultores a preparar as terras para logo sementar de cara á primavera, os paxariños comezan a aparearse para logo ter descendencia aló nos inicios da primavera cando a natureza comeza de novo a brotar, logo do letargo do inverno, pois xa din varios refráns: " se a Candeloria ri, medio inverno está por vir, se a Candeloria chora, medio inverno vai fóra, rir ou chorar, medio inverno está por chegar"

Neste grupo, fixeron as súas creacións do casamento dos paxariños, na sesión de arte 

Blogue de Laura

Logo por parellas, deseñaron e crearon o seu paxaro. Cada par, escolleu e decidiu como queiran facelo. Estes paxariños están xa ambientando a nosa aula

 

E tamén dicirvos que andamos a traballar buscando información dalgunhas aves, acando rematemos a proposta xa a compartiremos

ÁRBORE DA PAZ

COMO CADA 30 DE XANEIRO, COMMEMORAMOS NO CENTRO, O DÍA DA PAZ

ESTE CURSO, TOMAMOS COMO REFERENCIA O CONTO, BASEADO NUNHA EXPERIENCIA REAL, "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ"

NO NOSO GRUPO, FIXEMOS UNHA ÁRBORE TRIDIMENSIONAL, DA QUE PENDURAMOS FOLLA CUNHA PALABRA OU FRASE, CUNHA MENSAXE POSITIVA : PAZ SI VIOLENCIA NO, AMOR E PAZ, NON MATAR, COIDAR AS ÁRBORES,...

CADA AULA PODÍA FACER A SÚA ÁRBORE E LOGO FACER UNHA EXPOSICIÓN CONXUNTA, PARA FACER UN "BOSQUE RAMALLOSEIR@"

 

E TAMÉN CADA CRIANZA ELABOROU UN BROCHE OU COLGANTE DA PAZ, QUE LEVOU PARA A SÚA CASA

Distribuir contido


by Dr. Radut