Skip to Content

Ed. infantil

"O soño de Liam" con David Navarro

Liam adora o baloncesto e ten un soño.

Ti tamén tes algún?

Ás veces os soños fanse realidade…

“O soño de Liam” é un conto infantil escrito por David Navarro Brugal, xogador de baloncesto profesional que actualmente forma parte do equipo do Club Ourense Baloncesto.

    

O luns 24 de maio recibimos a visita do autor do conto “O Soño de Liam” e do seu compañeiro de equipo Álex Mazaira.

   

O alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria recibíronos con moita expectación, ilusión e interese, realizaron preguntas sobre o conto e como é a vida no baloncesto, fixéronse fotos, pediron autógrafos…

Moitas grazas pola vosa visita David e Álex!

Premede na imaxe para ver todas as fotos.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil celebraron o Día das Letras Galegas recitando un poema de Xela Arias

 

 

Cousiñas que facemos

Estamos a piques de rematar o segundo trimestre e, pensando en como comezamos en setembro, quen nos ía a dicir que os nosos nenos e nenas se ían adaptar tan ben?

Son uns Superheroes e superheroínas! Neste vídeo damos boa conta do día a día nesta situación tan diferente.  As mestras tamén contribuímos un pouco a facerlle a estancia un pouco máis agradable e divertida. A semana pasada tivemos unha sopresiña no corredor de infantil. Queredes ver que ben o pasamos?

 

Traballando pola igualdade

O pasado xoves, 4 de marzo o alumnado de sexto de educación infantil participou nun obradoiro de contacontos pola igualdade.

 

Daniela, unha nena que quere ser pirata esfórzase moito para pasar todas as probas pois ás nenas estalles prohibido ser piratas. Mais, Daniela é lista, forte  e decide protestar por tal inxustiza. As nenas tamén poden ser piratas!

 

Que pasou ao final?

Conseguiu Daniela cumprir o seu soño de ser pirata?

TRABALLANDO NA HORTIÑA

Coas primeiras racheiriñas de sol, aproveitando que non chove, saímos a traballar na nosa horta.

O alumnado de 5º de educación infantil plantou unhas fresas.

Mirade que ben o fan!

Agora toca esperar para probalas!

DISFRAZÁMONOS NA AULA!

Maquillaxe, disfraces, perrucas e moita imaxinación!

Axudámonos uns aos outros a crear novos personaxes: unha princesa demonio, unha abella superheroína, un policía alieníxina e moitos máis. Tempo de entroido, tempo de pasalo ben, tempode compartir, de inventar, crear e imaxinar.

CREATIVIDADE AO PODER!

FUN AO MERCADO...

Saímos do cole para aprender máis cousiñas sobre o

Proxecto "O mercado" que estamos a levar a cabo nas clases de 4º de Educación Infantil.

O luns 2 de marzo, visitamos a Praza de abastos de Ourense, que leva funcionando desde 1924!

Peixe, flores, froita, queixo, lácteos, carne e outros produtos que se poden atopar no mercado. Menos mal que xa merendaramos porque tiña todo moi boa pinta e daban ganas de comelo todo!

 

 

Degustamos os queixos.

Recibimos un clavel de agasallo.

Voamos a París!

O alumnado de 5º de Educación infantil viaxou a París o pasado trimestre.

A través de actividades moi diversas averiguaron como organizar unha viaxe:

mirar o tempo, preparar a maleta, reservar os billetes de avión e o hotel,

aprender cancións en francés, investigar sobre os monumentos, a comida e ... moitas cousas máis!

Gustoulles tanto a experiencia que xa queren viaxar de novo.

MERENDAS PARA O RECREO

Lembrade que no Ruxidoiro fomentamos as merendas saudables.

           Os mércores toca LÁCTEOS: queixo, bebibles, iogur...

Bibliopatio en infantil

O alumnado de infantil pode ler contos  no patio. a Bibliopatio xa está aberta!

Distribuir contenido


by Dr. Radut