Skip to Content

A nosa biblioteca

A nova biblioteca

Comezamos en setembro de 2019 coas obras da biblioteca. Non é que non nos gustara a que tiñamos, é que xa nos quedaba pequena para os libros, para as actividades que faciamos e para os nosos momentos de lectura. Así que trasladámonos á planta principal. Todo son vantaxes: mellor acceso para todas as clases e desde a entrada, moito máis espazo, caben moitos máis libros e podemos realizar actividades de animación á lectura para varios grupos á vez.

Foron meses de moito traballo, un traslado leva o seu tempo. Grazas a todos os voluntarios e voluntarias, mestres, mestras, conserxes, administrativa e nenos e nenas,  que fixeron que este proxecto se fixera realidade. Grazas tamén aos axudantes de sexto que participaron na colocación e posta en marcha da biblioteca.

A nosa nova biblioteca conta con catro espazos diferentes:

 

Zona de novidades e xogos de mesa

Zona de infantil para os primeiros lectores e lectoras

- Zona de primaria  e zona de colaboracións na biblioteca

Zona TIC cun espazo fedelleiro que aínda non está rematado pero que iremos completando no vindeiro curso. 

 

Inauguramos a nova biblioteca ao grande: tres días de animación á lectura con Magín Blanco, Pablo Nogueiras e Susa Herrera.

Este é o resultado do traballo realizado!

Celebrando o día da árbore e da poesía

O pasado martes 21 de marzo, os alumnos de 3°A e B, para conmemorar o día da Árbore e o día da Poesía , participamos na actividade proposta dende o Concello de Barbadás para ir plantar bidueiros e castiñeiros na área recreativa Os Carrís.

Despois da plantación recitamos o poema de Rosalía de Castro "Has de cantar meniña".


Foi unha actividade na que disfrutamos moito e sobre todo traballamos en grupos colaborativos.


Disfrutamos todos xuntos dunha boa convivencia, traballando pola sostibilidade e a conservación do noso medio natural, pois é gracias él como poderemos gozar dunha boa saúde física e mental.


Agora só nos queda vixiar que as nosas árbores medren e den boa sombra, moito oxígeno e bos froitos.

 


Distribuir contenido


by Dr. Radut