Skip to Content

Faladoiros

2ºA/ B na RUXIRADIO

É tempo de magosto

UN ANO MÁIS FESTEXAMOS O NOSO TRADICIONAL MAGOSTO NO RUXIDOIRO , PERO  ESTE ANO, OS NENOS E NENAS DE 2ºA e 2ºB AGASÁLLANNOS CUNHA CANTIGA PARA DISFRUTALA MENTRES COMEMOS AS CASTAÑAS.

ESCOITÁDEOS! 

                               Fáisenos xa a boca auga!

 

 

SAMAÍN 2024

Apetécevos escoitar unhas historias de medo?

Polo Samaín organizamos un concurso de contos para pasalo de MEDO e estes nenos e nenas foron os gañadores.

NORABOA a todos e todas os participantes!

1º PREMIO
Adriana (5ºA), Uxía (5ºB), Keila (6ºA) e Fabio (6ºB)
 
2º PREMIO
 Candela (5ºA), Yago (5ºB), Daniela (6ºA) e Noa (6ºB)
 
3ºPREMIO
Álvaro (5ºA), Ainara (5ºB), Leo (6ºA) e María (6ºB)
 

Escuchar Musica GIFs | TenorEscoitamos os Podcast  GAÑADORES:

 

 

 

6ºB- CONMEMORA O DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

POLO DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS, NÓS, AS ALUMNAS/OS  DE 6º B QUEREMOS HOMENAXEAR COS NOSOS POEMAS A UNHA FIGURA IMPORTANTE DA LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA, Á OURENSÁ CHUS PATO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2024 COA SUA OBRA "SONORA".

ESPERAMOS QUE OS NOSOS POEMAS SEXAN DO VOSO AGRADO E QUEREMOS CON ELES  REIVINDICAR O LABOR E O LEGADO DAS ESCRITORAS GALEGAS. 

ABRE A BIBLIO!!!

Atención! Atención!

A biblioteca abre as portas a toda a comunidade educativa.

A partir do 14 de outubro podedes visitar e disfrutar da biblio.

Algunhas axudantes de biblioteca gravaron na radio unha cuña publicitaria para informar desta noticia.

 

                     

 

          

 

“As imaxes do patrimonio”

 Ponte...nas ondas! convoca a sétima edición do Certame“As imaxes do patrimonio”,unha iniciativa que consiste en que o alumnado dos centros educativos envíe fotografías antigas xunto cun texto explicativo das mesmas.

Modalidade de imaxe máis texto

Nos arquivos adxuntos en pdf está unha mostra da nosa pequena participación nesta interesante iniciativa educativa e cultural.

 


 



 


 

 

 

 

Podcast:" As imaxes do patrimonio/2024"

                          

Categoría de podcasts

As imaxes dos álbums familiares das nosas alumnas/os conteñen practicas da vida cotiá que son patrimonio das súas familias e delas mesmas. Nesta xanela amosan un anaco desas fotografías antigas e indagan no seu contido e na historia que transmiten. Historias das que aprender.

Escoitémolas!


 

LÍA REY SAA / 5ºB

 

PODCAST: Os meus bisavós"Nesta foto móstrase a miña bisavoa Celsa e o meu bisavó Santiago ,uns trotamundos, de viaxe por Sevilla , arredor do ano 1970.O meu bisavó Santiago naceu en Barcelona e vén a Galicia no ano 1960 e durante este traxecto coñeceu á miña bisavoa Celsa. Ela, era casi galega, nacera nun pobo chamado Villagroy en Corullún (no Bierzo Leonés). Foron a vivir a Vigo durante 3 ou 4 anos e despois viñeron para Ourense e asentáronse nas Lamas. Case todos os findes de semana saían a viaxar e ver o mundo enteiro. Durante estes viaxes a Celsa encantáballe sacarse fotos, e posar para o bisavó. Era moi salerosa e divertida! como me gustaría ver o mundo ao seu carón!" 

  

 

 CARLA BOUZADA LORENZO / 5ºB

 PODCAST: "Unha historia da emigración"

 "Nesta foto están os meus tataravós. O tataravó por parte paterna chámabase Andrés Fidalgo e a miña tataravoa chamábase María Pascual Casas. A foto está sacada en New York. Eles emigraron a New York para mellorar a súa condición de vida e a dos seus, e dicir a miña familia. O meu tataravó traballou nunha fábrica de armas en Esquelectri  (New York), e penso que voltan despois de 2 anos de duro traballo".


 

Lola Muñoz Cabano / 5ºB

 

 

PODCAST: " Unha historia de mulleres inspiradoras"
  
 
Nesta foto aparece a miña avoa (Esperanza), cos seus irmás e coa miña tataravoa. Dado que os seus pais foron a emigración, a Suiza,para atopar algún traballo , e a miña avoa, que tiña 17 anos naquel intre,xunto con Damiana, a miña tataravoa, quedaron de responsables de coidar aos nenxs da familia mentres os pais non estiveran alí para eles puider coidalos.
Estas sí son mulleres fortes e valentes!
 

ENTREVISTA A ÉRICA ESMORÍS

O pasado luns 6 de maio visitou a nosa biblioteca Érica Esmorís, autora de libros como "Patio de Luces" e "Quen salva un can".

Un pequeno grupo de rapazas e rapaces quixeron facerlle unha entrevista na Ruxi Radio.

                       

 

ENTREVISTA A ÍRIA MISA

Hoxe tivemos a visita na nosa biblioteca de Íria Misa, autora da última novela que limos no Club de Lectura, "Unha veciña de película". Laura, Álvaro, Silvia e Ruth prepararon unha entrevista e na Ruxi Radio Íria respondeulles a todas as cuestións.

Moitas grazas Íria pola túa implicación e amabilidade!

                

 

             

5ºB. FALADOIRO.LUÍSA VILLALTA, CON VOZ PROPIA

Falafoiro realizado polas/os alumnas/os de 5º B de E.P. do Ceip Plurilingue O Ruxidoiro para homenaxear a LUÍSA VILLALTA, a  poeta a cal a RAG adica este ano as Letras Galegas.

Con este podcast a nosa escola participa no VI CONCURSO DE PODCAST-RADIO NA BIBLIO.

 

5ºB/ DIA DA ÁRBORE E DA POESÍA

POLO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA QUEREMOS FACER UN RECORDATORIO DA IMPORTANCIA DE COIDAR AS ÁRBORES POLOS ENORMES BENEFICIOS QUE NOS APORTAN, E CLARO FACÉMOLO PLANTANDO UNHA ÁRBORE E CREANDO UN POEMIÑA .

Festexémolo como se merece!

 
 
Distribuir contenido


by Dr. Radut