Skip to Content

Escolas verdes

Capitán Verdemán

 A semana da Educación Vial o alumnado de 6º de Educación Infantil tivo unha sesión de contacontos organizado pola Deputación de Ourense.

O CAPITÁN VERDEMÁN

Un novo superheroe chega a unha pequena cidade que vive entre moreas de lixo pola preguiza dos seus habitantes. Mais , velaí tedes ao Capitán Verdemán para rescatar a cidade e demostrar que reciclar pode ser divertido.

Queredes axudar a este superheroe a protexer o noso PLANETA e facer del un mundo mellor?

Para axudalo tedes que seguir a ruta Catalina e vir ña escola camiñando, en patinete, en bicleta, en patíns ou facendo cambadelas!  Non queremos contaminación!

 

Celebrando o día da árbore os nenos e nenas de 2º EP

Relacionado cós Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 20/30, os nenos e nenas de 2º EP tiveron unha charla relacionada coa Sostibilidade Ambiental. Entre os obxectivos a destacar está o coidar o medio ambiente combatindo o cambio climático e protexendo os océanos e ecosistemas terrestres.

MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS

PREPARANDO O TERREO

SEMENTAR SEMENTAREI...

Sementar sementarei....

O NOSO HORTO

Estes son os cultivos que podemos plantar no noso horto:

acelgas, apio, brócoli, allos, cebolas…

Xa temos verzas e leitugas na zona de Educación Infantil, rúcula e cenorias no bancal de 3º de Educación Primaria e a ver que máis podemos ir sementando..

 

 

XA SOMOS ESCOLA VERDE

 

 

 

Celebrando o día da árbore e da poesía

O pasado martes 21 de marzo, os alumnos de 3°A e B, para conmemorar o día da Árbore e o día da Poesía , participamos na actividade proposta dende o Concello de Barbadás para ir plantar bidueiros e castiñeiros na área recreativa Os Carrís.

Despois da plantación recitamos o poema de Rosalía de Castro "Has de cantar meniña".


Foi unha actividade na que disfrutamos moito e sobre todo traballamos en grupos colaborativos.


Disfrutamos todos xuntos dunha boa convivencia, traballando pola sostibilidade e a conservación do noso medio natural, pois é gracias él como poderemos gozar dunha boa saúde física e mental.


Agora só nos queda vixiar que as nosas árbores medren e den boa sombra, moito oxígeno e bos froitos.

 


Distribuir contenido


by Dr. Radut