A nosa biblioteca ten un espazo novo que xa viñamos utilizando para algunhas actividades pero que necesitaba un pouco de organización. A nosa idea é deixar esta zona da biblioteca como o
ESPAZO FEDELLEIRO E STEAM,
un espazo para a investigación, creación, construción, gravacións e edicións de vídeo... En definitiva, un espazo para CREAR e APRENDER.
O alumnado de 2ºB preparou este TELEXORNAL DISPARATADOpara dar o tempo en Galiza. Ademais probamos a técnica audiovisual de CROMA. Deixamos aquí o resultado.
Non sabemos como vestirnos con este tempo tan tolo!