Skip to Content

Club de lectura

COMEZA O RUXI CLUB!

O pasado venres 25 de outrubro tivemos a primeira reunión deste curso co Ruxi Club. Este ano, como en anos anteriores, organizarémonos en dúas quendas aínda que na primeira reunión estivemos todas xuntas.

A coordinadora do Ruxi Club explicoulles ás participantes os xogos e actividades que imos levar a cabo no Club de Lectura así como tamén as normas para que todo vaia do mellor xeito posible.

Esta primeira reunión estivo acompañada dun petisco doce para amenizar a xuntanza...

                           

Logo da reunión xeral, cada grupo reuniuse para debatir e decidir, de xeito democrático, cal será a próxima lectura. Así a Quenda 1 decidiu ler "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" de Maite Carranza e a Quenda 2 decidiu ler "Plan de rescate" de Antía Yáñez.

 

                  

Agardamos que sexan lecturas divertidas, entretidas, con misterio, intriga e sobre todo que disfrutedes moito delas!

 

CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS

Como sabedes, esta semana abrimos a biblioteca con todas as actividades dos cursos anteriores: empréstitos, devolucións, Radio na Biblio, Club de Lectura, Bibliotecas Creativas, Club de Ciencias... e este ano queremos organizar un Club de Lectura para Adultos...

Se desfrutas coa lectura e che apetece comentar e pasar un bo momento falando de libros con outras persoas... anótate!

bibliotecaoruxidoiro@gmail.com

 

 

Volve o Club de Lectura!

REMATAMOS "DONA PROBLEMAS" E DESPEDIMOS O RUXI CLUB

Hoxe, logo de varios intentos fallidos por mor das moitas actividades programadas para este remate de curso, conseguimos reunirnos os dous grupos do Club de Lectura.

Foi unha xuntanza especial, rematamos de ler o libro de Miguel López, "El Hematocrítico", "Dona Problemas", unha lectura divertida, orixinal e moi rápida. Comentamos o libro que, en xeral, gustou moito, houbo quen se sentiu identificado/a coa protagonista, recordamos as visitas, no curso pasado, de "El Hematocrítico" e despedimonos, por este curso, do Club de Lectura.

Como estamos xa preto do verán e o alumnado que participa no Club de Lectura marcha do cole, a coordinadora quixo agasallar a cada participante cun diploma pola súa constancia, interese e participación ao longo do curso e para que se leven un bo sabor de boca, XEADOS para o Ruxi Club!

 

                        

Grazas rapaces e rapazas!

Moita sorte na vosa nova aventura!

 

"DONA PROBLEMAS", NOVA LECTURA NO RUXI CLUB

Comezamos nova lectura, será a última do Ruxi Club deste curso que xa está a piques de rematar.

Como unha pequena homenaxe ao gran autor (e persoa) Miguel López, "El Hematocrítico", falecido o pasado mes de novembro, que nos fixo varias visitas durante o curso pasado, o alumnado e a coordinadora do Club de Lectura decidimos ler o libro "Dona Problemas".

Miguel deixou un gran legado tanto en literatura infantil, como xuvenil e para adultos, moitas das súas obras están na nosa biblioteca. Ademais era unha persoa moi creativa, inxeniosa, intelixente, con gran sentido do humor e sobre todo, moi boa xente. Que gran perda!

Hoxe a rapazada do Ruxi Club comeza a ler "Dona Problemas", seguro que algún sorriso se nos escapa coa lectura.

            

                             

ENTREVISTA A ÉRICA ESMORÍS

O pasado luns 6 de maio visitou a nosa biblioteca Érica Esmorís, autora de libros como "Patio de Luces" e "Quen salva un can".

Un pequeno grupo de rapazas e rapaces quixeron facerlle unha entrevista na Ruxi Radio.

                       

 

ENTREVISTA A ÍRIA MISA

Hoxe tivemos a visita na nosa biblioteca de Íria Misa, autora da última novela que limos no Club de Lectura, "Unha veciña de película". Laura, Álvaro, Silvia e Ruth prepararon unha entrevista e na Ruxi Radio Íria respondeulles a todas as cuestións.

Moitas grazas Íria pola túa implicación e amabilidade!

                

 

             

RECIBIMOS AGASALLOS

O alumnado de ambos grupos do Club de Lectura decidiu que a próxima lectura sexa "Unha veciña de película" da autora Íria Misa. Como está programada unha visita desta autora ao noso colexio, o Club de Lectura agasalla cun exemplar deste libro a cada participante do club, pola súa participación ao longo do curso, a súa constancia, implicación e interés.

Parabéns rapaces e rapazas!!!

Non esquezades os vosos libros para que Íria volos asine!!!

 

                                  

 

Íria, desexando recibirte e comentar contigo

"Unha veciña de película"

"DETECTIVES EN CHANCLAS" visita á Ruxi Radio

Unha vez que rematamos de ler e debatir sobre a última lectura traballada co Grupo 1 do Club de Lectura, "Detectives en chanclas" de Paloma Muiña, Alba, Álvaro, Laura Araújo, Iker e Laura Atanes quixeron ir á Ruxi Radio a falarnos desta lectura.

Son uns profesionais!!!

                         

 

                   

"DETECTIVES EN CHANCLAS" Grupo 1

Este venres tivemos unha nova reunión co Club de Lectura, neste caso co Grupo 1. O libro do que estivemos a conversar e debatir é "Detectives en chanclas" da autora Paloma Muiña.

A rapazada comentou que foi unha lectura moi entretida, divertida con moita intriga.

                        

 

Como xa ven sendo habitual, ao dar por rematada unha lectura, a coordinadora do Club de Lectura prepáralles aos participantes un "Pasapalabra" sobre o libro. Cada día hai máis expectación ante quen será o/a que responda de forma correcta máis preguntas...

                         

 

A próxima lectura escollida pola rapazada é "Unha veciña de película" da autora Íria Misa, quen pronto nos fará unha visita.

                                   

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut