Skip to Content

Club de lectura

CLUB DE LECTURA, GRUPO 2

O pasado venres 24 de novembro tivemos unha xuntanza no Club de Lectura co grupo 2. O alumnado deste grupo escollera "Plan de Rescate" de Antía Yáñez para comezar as lecturas deste curso.

A rapazada estivo moi participativa, houbo debates, críticas, preguntas, recomendacións sobre este libro, gustos e preferencias sobre determinados personaxes...

Queda moi pouquiño para rematalo, de momento, sen facer espoiler, está gustando moito.        

                             

 

 

ARRANCA O CLUB DE LECTURA

Estamos moi alegres de anunciar que o venres 20 de outubro comenzou, un ano máis, o Club de Lectura. Este curso haberá dous grupos.

Na reunión inicial, a responsable do Club, explicoulles á rapazada participante do Club como serían as dinámicas das reunións, horarios, calendario, actividades...

Aproveitamos para que cada grupo, de xeito democrático,  escollese a próxima lectura.

                         

Para as próximas reunións cada grupo terá asignada unha data.

As lecturas de cada grupo son as seguintes:

 

                 

A próxima reunión será co Grupo 1 o venres 17 de novembro.

Boas lecturas!!!

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA

O pasado venres 26 de maio tivemos a última reunión do Club de Lectura deste curso. Como se trataba dunha "despedida" xuntámonos os dous grupos 1 e 2, a rapazada non quixo faltar a esta reunión.

Estivemos falando da novela de Andrea Maceiras, "Volverás, golfiño" e demos por rematada a mesma comentando que foi das mellores lecturas que tivemos no Club de Lectura.

Como xa ven sendo un clásico, ao rematar un libro, xogamos ao Pasapalabra dese libro, nesta ocasión o alumnado quixo participar xogando o grupo 1 contra o grupo 2...

 

               

 

E como remate, por este curso, do Club de Lectura, a biblioteca quixo agasallar a cada participante do club cun caderno de bibliotecas escolares e un pequeno detalle doce.

 

               

 

 O Club de Lectura despídese ata o próximo curso...

 

               

 

Aínda queda pendente a gravación na radio sobre "Volverás, golfiño" Guiño

VOLVERÁS, GOLFIÑO, Grupo 1

O venres 19 de maio tivemos unha nova reunión co grupo 1 do Club de Lectura. Nesta ocasión seguimos a falar da novela que estamos a ler, "Volverás, golfiño" de Andrea Maceiras.

Todos os membros do grupo 1 afirman que é unha novela que lles gustou moito, que ten partes moi entretidas, de misterio, humor e ata aprenderon cousas que pasaron fai moitos anos.

Aínda que todos limos o libro, acordamos volver a xuntarnos a próxima semana co grupo 2 para dar por rematado o libro e o Club de Lectura durante este curso xogando ao pasapalabra sobre a novela.

 

                     

VOLVERÁS, GOLFIÑO, Grupo 2

O pasado venres 5 de maio tivemos unha nova reunión co grupo 2 do Club de Lectura. Nesta ocasión estivemos comentando a lectura coa que estamos, "Volverás, golfiño" de Andrea Maceiras.

Aínda que acordáramos ler ata a metade da novela, houbo rapazada que o rematou porque lle gustou moito e non podía parar de ler.

Así da gusto...

 

                            

VOLVERÁS, GOLFIÑO

O pasado venres tivemos unha nova reunión co Club de Lectura, neste caso co Grupo 1.

Despois de elexir nova lectura, comezamos a ler e comentar "Volverás, golfiño" de Andrea Maceiras, unha autora que por sorte, pronto coñeceremos e coa que intercambiaremos impresións sobre este libro xa que virá nas próximas semanas a visitarnos ó colexio.

 

                            

"Sopa de Europa" Visita a Ruxi Radio

Un pequeno grupo de alumnos que forman parte do Club de Lectura foron á radio a falarnos do último libro que limos no club, "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez.

Sara, Mauro y Nelson coméntannos as súas impresións sobre este libro, si lles gustou e se o recomendan a outros compañeiros/as.

                       

 

             

PASAPALABRA SOBRE "SOPA DE EUROPA"

O pasado venres tivemos unha nova reunión co alumnado participante no Grupo 2 do Club de Lectura. Nesta ocasión tocaba rematar a lectura do libro que estamos a ler "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez.

A rapazada comentou que lles gustou bastante o libro e fantasearon con poder ir visitar algúns dos países da Unión Europea e comprobar se son como os describe o autor no libro.

Logo de comentar a lectura xogamos ao xogo do Pasapalabra do libro. Houbo un pique entre rapaces e rapazas aínda que ao final todo quedou nun empate.

                                                                                      

REMATAMOS "SOPA DE EUROPA"

O pasado venres 14 de abril tivemos unha nova reunión co Grupo 1 do Club de Lectura. Nesta ocasión tocaba comentar e rematar o libro que estaban a ler "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez e, como xa ven sendo habitual, a coordinadora do Club de Lectura preparoulles un Pasapalabra sobre o libro como actividade de remate de lectura.

O alumnado participante comentou que lles gustou moito o libro e que a través desta lectura aprenderon cousas de xeografía, arte, gastronomía e curiosidades sobre os países que forman a Unión Europea.

 

                 

 

 

                 

ESCOLLENDO NOVA LECTURA

O pasado venres 24 de marzo o Grupo 2 do Club de Lectura escolleron a nova lectura para os próximos días (e para as vacacións de Semana Santa) xa que remataron a anterior. Ante as diversas opcións que se lles ofreceu, a rapazada escolleu por unanimidade "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez.

Vémonos á volta das vacacións!

 

                   

Distribuir contenido


by Dr. Radut