Skip to Content

Club de lectura

PASAPALABRA SOBRE "SOPA DE EUROPA"

O pasado venres tivemos unha nova reunión co alumnado participante no Grupo 2 do Club de Lectura. Nesta ocasión tocaba rematar a lectura do libro que estamos a ler "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez.

A rapazada comentou que lles gustou bastante o libro e fantasearon con poder ir visitar algúns dos países da Unión Europea e comprobar se son como os describe o autor no libro.

Logo de comentar a lectura xogamos ao xogo do Pasapalabra do libro. Houbo un pique entre rapaces e rapazas aínda que ao final todo quedou nun empate.

                                                                                      

REMATAMOS "SOPA DE EUROPA"

O pasado venres 14 de abril tivemos unha nova reunión co Grupo 1 do Club de Lectura. Nesta ocasión tocaba comentar e rematar o libro que estaban a ler "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez e, como xa ven sendo habitual, a coordinadora do Club de Lectura preparoulles un Pasapalabra sobre o libro como actividade de remate de lectura.

O alumnado participante comentou que lles gustou moito o libro e que a través desta lectura aprenderon cousas de xeografía, arte, gastronomía e curiosidades sobre os países que forman a Unión Europea.

 

                 

 

 

                 

ESCOLLENDO NOVA LECTURA

O pasado venres 24 de marzo o Grupo 2 do Club de Lectura escolleron a nova lectura para os próximos días (e para as vacacións de Semana Santa) xa que remataron a anterior. Ante as diversas opcións que se lles ofreceu, a rapazada escolleu por unanimidade "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez.

Vémonos á volta das vacacións!

 

                   

DETECTIVES EN CHANCLAS NA RADIO

Como xa vai sendo habitual, unha vez que rematamos de ler un libro no Club de Lectura, un pequeno grupo de rapaces/as sube á radio para gravar un podcast e así falarnos del, recomendalo ou desaconsellalo.
Neste caso, Nelson e Sofía viñeron á radio para falarnos sobre o libro de Paloma Muiña "Detectives en chanclas".

 

                

 

NOVA LECTURA, "SOPA DE EUROPA"

O pasado venres tivemos unha nova reunión no Club de Lectura co Grupo 1.

A rapazada, por unanimidade, escollera como seguinte lectura o libro de Rafael Ordóñez "Sopa de Europa". Nesta reunión comentamos como vai esta lectura, se lles gusta, se están aprendendo cousas curiosas do continente europeo, se algún personaxe lles gusta máis ca outro...

Parece que este libro tamén lles está a gustar bastante.

 

                       

 

"¿QUIERES SER EL NOVIO DE MI HERMANA?" EN LA RADIO

O pasado venres Yanay, Mauro e Sara visitaron a radio para falarnos do último libro que leron no Club de Lectura "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" de Maite Carranza.

Gustoulles moito e recoméndano aos seus compañeiros/as.

Aquí tedes a gravación...

 

                        

 

PASAPALABRA DE "DETECTIVES EN CHANCLAS"

Como xa ven sendo habitual os venres toca Club de lectura. Este venres reunímonos co Grupo 1 para dar por rematado o libro "Detectives en chanclas" da autora Paloma Muiña.

A rapazada comentou que o libro lles gustou moito e que disfrutaron moito da súa lectura. Tamén, e xa empeza a ser un clásico, ao rematar de comentar o libro a mestra responsable do club fíxolles, a modo de xogo, un Pasapalabra sobre o libro. Pasámolo moi ben!

 

                      

DETECTIVES EN CHANCLAS

O pasado venres tivemos unha nova xuntanza do Ruxi Club co alumnado do Grupo 1. Como xa demos por rematado o libro anterior, nesta reunión estivemos a escoller unha nova lectura.

Despois de ler o argumento de varios libros que había dispoñibles, a rapazada decantouse polo libro de Paloma Muiña, "Detectives en chanclas".

 

                     

 

PASAPALABRA DE "¿QUIERES SER EL NOVIO DE MI HERMANA?"

O pasado venres, no grupo 1 do Club de Lectura rematamos a novela que estabamos a ler ¿Quieres ser el novio de mi hermana? de Maite Carranza.

A rapazada gustoulles moito e ata houbo quen dixo que foi o libro que máis lles gustou ata o de agora.

Logo de falar sobre o libro fixéronse dous equipos, o das rapazas e o dos rapazes que xogaron ao xogo do Pasapalabra sobre a lectura, quen sería o gañad@r..?

 

                          

NOVAS LECTURAS, NOVAS AVENTURAS

Rematada a última novela no grupo 2 do Club de Lectura, agora tocou escoller a próxima lectura.

A decisión foi complicada, había moitas opcións, houbo debate, votacións...  por unanimidade saíu gañadora a novela de Maite Carranza "¿Quieres ser el novio de mi hermana?"

 


 

Distribuir contenido


by Dr. Radut