PASAPALABRA SOBRE "SOPA DE EUROPA"
O pasado venres tivemos unha nova reunión co alumnado participante no Grupo 2 do Club de Lectura. Nesta ocasión tocaba rematar a lectura do libro que estamos a ler "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez.
A rapazada comentou que lles gustou bastante o libro e fantasearon con poder ir visitar algúns dos países da Unión Europea e comprobar se son como os describe o autor no libro.
Logo de comentar a lectura xogamos ao xogo do Pasapalabra do libro. Houbo un pique entre rapaces e rapazas aínda que ao final todo quedou nun empate.