POLO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA QUEREMOS FACER UN RECORDATORIO DA IMPORTANCIA DE COIDAR AS ÁRBORES POLOS ENORMES BENEFICIOS QUE NOS APORTAN, E CLARO FACÉMOLO PLANTANDO UNHA ÁRBORE E CREANDO UN POEMIÑA .
Un ano máis, os avós e as avoas achegáronse ás aulas a contar os contos favoritos dos netos e das netas. A experiencia resultou moi enriquecedora para a rapazada. Deixamos unha pequena mostra dos momentos compartidos.
O 22 de marzo visitou o noso centro unha cadeliña de Intervención asistida acompañada de Nuria.
Visitaron as aulas de Educación Infantil e, ademais, contaron un conto ao alumnado de 2º de Educación Primaria.
"Por catro esquiniñas de nada", Jérome Ruillier. Un conto de apariencia moi simple pero que agocha unha gran lección. Un conto sobre a amizade, a diferenza e a inclusión.
Velaí tedes un vídeo dos mellores momentos desta visita.
O pasado 15 de marzo visitou a nosa biblioteca o autor do conto de Súperavoa, David Rodríguez.
O alumnado de 1º e 2º compartiu os súperpoderes que teñen as nosas avoas: dar mimos, curar as feridas, cociñar receitas soborosas, contar historias fermosas, facernos rir, sandar as penas...