O equipo de convivencia e benestar emocional en colaboración cos equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega convidou a ÉRIC DOPAZO a unha presentación na nosa biblioteca. Escritor, mestre, músico e autor do libro Eduardo Blanco Amor. Blanco amor puido ser un escritor calquera pero non o foi; atreveuse a ser el mesmo nunha época na que pouca xente o facía.
Na era das redes sociais, da intelixencia artificial, reivindicamos un mundo diverso cheo de todas as cores e, por suposto, SER NÓS MESMOS!
O respecto aos demais comeza por entender que cada un, cada unha ou cada unhe somos diferentes. Abrazar a diversidade é perder o medo ao que non coñecemos, derrubar muros e falsas crenzas e posicionarnos sempre cos DEREITOS HUMANOS. Escoitamos e reflexionamos con Éric despois dun curso enteiro de pensar o bo trato e os coidados e de querer tecer redes de amizade entre nós...
# Emociónate#Iguálate#Convive.