Origami: avión de papel
O pasado 21 de marzo, o alumnado de 2ºA participou nunha actividade de origami na clase de ART, introducida e explicada polo seu compañeiro, Hñector.
Fixeron un avión de papel en forma de tubo. Saímos ao patio a experimentar como voaba mellor.
Probamos de diferentes maneiras:
- Con ás ou sen ás.
- Collendo o avión pola parte traseira ou dianteira.
- A forma de doblalo foi determinante para que voara ben.
Velaí tedes un pequeno vídeo da actividade.