Skip to Content

Podcast:" As imaxes do patrimonio/2024"

                          

Categoría de podcasts

As imaxes dos álbums familiares das nosas alumnas/os conteñen practicas da vida cotiá que son patrimonio das súas familias e delas mesmas. Nesta xanela amosan un anaco desas fotografías antigas e indagan no seu contido e na historia que transmiten. Historias das que aprender.

Escoitémolas!


 

LÍA REY SAA / 5ºB

 

PODCAST: Os meus bisavós"Nesta foto móstrase a miña bisavoa Celsa e o meu bisavó Santiago ,uns trotamundos, de viaxe por Sevilla , arredor do ano 1970.O meu bisavó Santiago naceu en Barcelona e vén a Galicia no ano 1960 e durante este traxecto coñeceu á miña bisavoa Celsa. Ela, era casi galega, nacera nun pobo chamado Villagroy en Corullún (no Bierzo Leonés). Foron a vivir a Vigo durante 3 ou 4 anos e despois viñeron para Ourense e asentáronse nas Lamas. Case todos os findes de semana saían a viaxar e ver o mundo enteiro. Durante estes viaxes a Celsa encantáballe sacarse fotos, e posar para o bisavó. Era moi salerosa e divertida! como me gustaría ver o mundo ao seu carón!" 

  

 

 CARLA BOUZADA LORENZO / 5ºB

 PODCAST: "Unha historia da emigración"

 "Nesta foto están os meus tataravós. O tataravó por parte paterna chámabase Andrés Fidalgo e a miña tataravoa chamábase María Pascual Casas. A foto está sacada en New York. Eles emigraron a New York para mellorar a súa condición de vida e a dos seus, e dicir a miña familia. O meu tataravó traballou nunha fábrica de armas en Esquelectri  (New York), e penso que voltan despois de 2 anos de duro traballo".


 

Lola Muñoz Cabano / 5ºB

 

 

PODCAST: " Unha historia de mulleres inspiradoras"
  
 
Nesta foto aparece a miña avoa (Esperanza), cos seus irmás e coa miña tataravoa. Dado que os seus pais foron a emigración, a Suiza,para atopar algún traballo , e a miña avoa, que tiña 17 anos naquel intre,xunto con Damiana, a miña tataravoa, quedaron de responsables de coidar aos nenxs da familia mentres os pais non estiveran alí para eles puider coidalos.
Estas sí son mulleres fortes e valentes!
 


story | by Dr. Radut