Unha representación dos integrantes do club de lectura subiron á radio para falarnos sobre o último libro que lemos no Ruxi Club, "Plan de rescate" de Antía Yáñez.
O alumnado de 6º de Infantil recita unha poesía de Yolanda Castaño, "Cando eu saiba ler".
Trátase dun extracto dun poema que aparece no libro do mesmo título. Con esta poesía traballamos o mes da poesía xunto coa figura de Rosalía de Castro e de Yolanda Castaño como unha das súas sucesoras.
Para dar por rematado o primeiro libro que limos no Ruxi Club, unha pequena representación dos nenos e nenas que forman o Club de Lectura visitaron a Ruxi Radio e gravaron un podcast no que nos falan do libro "Ás de mosca para Anxo"de Fina Casalderrey.
Nós, os de 3ºB, gravamos o noso programa e emitimos a nosa particular versión da "TÁBOA DO 5".
A intervención diante dun micrófono foi moi satisfactoria e divertida. E saiu moi ben! Por suposto que hai cousiñas que mellorar, pero ... entre todxs sacamos adiante a nosa emisión para a Ruxi Radio. Noraboa, cativos!
Nós, os nenos e nenas de 4 anos A de E.I, gravamos na Radio Escolar o noso conto encadeado. Gustóunos moito aprender historias encadeadas. Esta vez tocoulle O Castelo de Chuchunrubé. Antes de gravala explicamos coa axuda da nosa profe María en que consisite esta historia.
Disfrutamos moito desta experiencia. Repetiremos! e esperamos que vos guste tanto coma a nós.