Skip to Content

Faladoiros

"PLAN DE RESCATE", Grupo 1 Visita a Ruxi Radio

O pasado venres rematamos a lectura do libro de Antía Yáñez "Plan de rescate", un grupo de rapaces, Alba, Martina, Álvaro e Laura subiron á radio para falarnos deste libro...

Grazas a Aixa que foi quen levou a batuta desta conversa!

 

                  

5ºB- XA CHEGA O ENTROIDO

 

carnaval-imagen-animada-0023

O Entroido é  unha celebración de larga tradición popular  na provincia de Ourense, e nós, os alumnos e alumnas do Ceip Plurilingue O Ruxidoiro, queremos convidarvos a participar da troula máis animada do ano na nosa provincia.

Ourense é entroido!

Ourense é foliada!

  * Nós  colaboramos con Ponte... nas Ondas!  no Día Mundial da Radio , o 13 de febreiro de 2024.

Feliz día da radio 

"ALTAS ASPIRACIONES" Grupo 1 Visita a Ruxi Radio

Como xa vén sendo habitual, cada vez que damos por rematada unha lectura, algunhas nenas veñen á Ruxi Radio a falarnos do libro que estivemos a ler. Nesta ocasión falamos con Noa Gil, Laura Atanes e Laura Araújo sobre o libro de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones".

Esto foi o que nos dixeron...

Moitas grazas pola vosa colaboración rapazas!

                            

                        

 

 

                             

Radio na Biblio, "Sopa de Europa", Grupo 1

Unha vez rematado, comentado, debatido e participado no Pasapalabra do primeiro libro lido no Club de Lectura co Grupo 1, "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez, Alba e Laura animáronse a visitar a Ruxi Radio a falarnos un pouco desta lectura.

 

                     

Esto foi o que nos dixeron na Ruxi Radio:

 

                           

                                 

UN NADAL EN GALEGO-5ºB

FELICITA O NADAL EN GALEGO!

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5ºB ANÍMANVOS A ENVIAR AS VOSAS MENSAXES DE NADAL EN GALEGO...AÍ VAN AS SÚAS ENXEÑOSAS PROPOSTAS!

ESCOITÉMOLOS

 

 

RAP DA RECICLAXE

Os nenos e nenas de E. Infantil teñan unha mensaxe: RECICLA, RECICLA E COMPARTE...

Os nenos precisan renovar os xoguetes pero, que acontece con aqueles que xa non usan? Escoitemos aos máis cativos do colexio. A mensaxe é  clara : eduquemos no consumo responsable e na conservación do medio ambiente.

 

Contra a violencia de xénero dicimos: #acabouse

 Contra a violencia machista o alumnado do Ruxidoiro di   #acabouse

Na biblioteca temos as nosas lentes violetas porque cremos nun mundo sen violencia, nun mundo onde os homes e as mulleres, as nenas e os nenos sexan tratados co mesmo respecto.

 

En infantil, miramos o mundo con lentes violetas

O alumnado de 6º gravou na radio un manifesto contra a violencia de xénero, logo dunha reflexión nas aulas das distintas violencias, os estereotipos., micromachismos... Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.
O alumnado do 1º ciclo reflexionamos sobre o consentimento a través dos contos.
Como saudamos aos adultos?
Temos a obriga de bicar ou dar apertas se non queremos? 

 As nenas e os nenos temos dereito a decidir a quen bicar e cando bicar. Os adultos temos a responsabilidade de escoitar e respectar as súas decisións.

As nenas e os nenos de 2º gravamos na radio o noso manifesto. 

"Nin un biquiño á forza"

Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.

 Ademais fixemos a nosa versión do mesmo conto. Velaí vos deixamos o resultado.

 

Traballamos nas aulas sobre os estereotipos, contra todas as violencias, a importancia do consentimento e berramos #acabouse

 

 

1º Premio de Podcast na Categoría de Ensino Primario/Ensino Básico. Ponte... nas ondas!

Ponte…nas ondas! entrega os premios da VI Edición do Certame “As imaxes do patrimonio

 

Hoxe asistimos, moi orgullosas do noso, ao acto do VI Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio que tivo lugar en Ourense na Sala Marie Curie da Facultade de Ciencia, e recollimos un 1ºPREMIO DE PODCAST, onde a nosa ex alumna de 6º,Sara Vazquez, gañou un merecidísimo 1º premio polo seu ben facer na nosa escola.   Noraboa, Sara. 

*Este certame premia fotografías representativas do patrimonio material e inmaterial enviados por alumnos/as de centros educativos de Galicia e Portugal, onde  explican nun podcast o contido da imaxe.

 

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico 

1º Premio: Sara Vázquez

CEIP Plurilingue O Ruxidoiro. Barbadás

 

O MAGOSTO XA CHEGOU - 5ºB

O MAGOSTO XA ESTÁ AQUÍ // 5ºB

NÓS ,os de 5ºB,  estamos desexando volver a celebrar o  tradicional magosto no cole e entrementres agardamos polo ansiado día, preparamos un recitado para animar o magosto no colexio.

AGARDAMOS VOS GUSTE...E BO MAGOSTO! Magosto | CEIP Torre de Hércules

 

 
 
Distribuir contenido


by Dr. Radut