Os alumnos e alumnas de 6ºA elaboraron un proxecto de noticiario e quixeron compartir as súas experiencias do inicio do curso. Estamos nas ondas! Comezamos!
A partir do día 10 de outubro a biblioteca do centro abrirase para préstamos, devolucións, consultas, xogos...Para as familias abrirase mediante cita previa ao correo da biblio, bibliotecaoruxidoiro@gmail.com os luns, martes e xoves de 16 a 17h.
Xa iniciamos un novo curso e a nosa palabra preferida vai ser: ECO! De ecoloxía , de ecosistema sostible e ben coidado , de que a Terra é a nosa casa exterior, non temos outra e debemos coidar dela.
Non vos parece que vale a pena descubrir e coidar o noso entorno?
O pasado venres 10 de xuño recibimos con gran ilusión a visita de Ledicia Costas. A autora de "Conexión Macarrón", "Os Minimortos", "A señorita Bubble", "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Infamia"... e tantas e tantas outras, estivo no Ruxidoiro.
O alumnado de 6º aproveitou para facerlle unha entrevista na Ruxiradio.
Desenvolvemos este podcast, FALADOIRO, cos alumnos e alumnas de 3º B de Educación Primaria perseguindo unha finalidade educativa e lúdica e enmarcado dentro dun obradoiro de expresión oral.
As palabras moven o mundo, animádevos a utilizalas con agarimo!
Unha representación dos integrantes do club de lectura subiron á radio para falarnos sobre o último libro que lemos no Ruxi Club, "Plan de rescate" de Antía Yáñez.
O alumnado de 6º de Infantil recita unha poesía de Yolanda Castaño, "Cando eu saiba ler".
Trátase dun extracto dun poema que aparece no libro do mesmo título. Con esta poesía traballamos o mes da poesía xunto coa figura de Rosalía de Castro e de Yolanda Castaño como unha das súas sucesoras.