O pasado xoves 21 de marzo participamos nunha actividade do Concello de Barbadás para conmemorar o Día da árbore.
Plantamos varias especies autóctonas no Parque dos cans. Os rapaces participaron en todo o proceso de plantación, desde a retirada da terra dos buracos feitos previamente por persoal do concello, pasando pola plantación e o posterior achegado de terra para tapar as raíces. Tamén tiveron que retirar as pedras que non deixan medrar as raíces.
Se queredes ver o resultado do noso traballo, pasede polo Parque dos cans!