Skip to Content

5º Curso

Investigando sobre os deportes: bádminton

O alumnado de 5º xa comezou a traballar sobre un dos deportes olímpicos: o bádminton.

O bádmintpn é un deporte en que se enfrontan dous xogadores, ou dúas parellas de xogadores, sobre un campo rectangular dividido transversalmente por unha rede, que consiste en golpear o volante cunha raqueta de maneira que, pasando por riba da rede, toque no chan do xogador contrario.O bádminton incorporouse como deporte de exhibición nas Olimpíadas de Seúl, en 1988.

CORRELINGUA 2019

Hoxe participamos no Correlingua: unha xornada de convivencia na que aprendemos máis sobre a nosa cultura e a nosa lingua a través de xogos e cancións, ademais de coñecer nenos e nenas doutros colexios. Xogamos á turrasoga, ao paracaídas, á ra, carreiras de sacos, camiñamos cos zancos... Ao rematar repartiron os premios ás pancartas co lema "O galego é a fórmula". O alumnado de 5ºA creou un deseño moi orixinal. E resultou que os gañadores do primeiro premio foron...

 

Ao rematar na Praza Maior, ocupamos as rúas ata ao Auditorio onde cantamos e bailamos. Aí vos deixamos a participación dos nenos e nenas de 5ºA. 

 

 Noraboa ao alumnado de 5ºA polo traballo realizado e ao resto do alumnado polo apoio e colaboración.

Mulleres da India

Dentro do Proxecto sobre a India do equipo plurilingüe, o alumnado de 5º elaborou uns traballos en plástica sobre dúas mulleres: Arundhati Roy e Vandana Shiva. Por que estas mulleres? Porque son dúas mulleres da India, dúas activistas que loitan polos dereitos civís. Nos traballos destacaron frases célebres das dúas.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut