O pasado venres 15 de marzo, o alumnado de 4º de primaria tivo unha charla sobre alimentación saudable.
A roda dos alimentos é un símbolo en forma de círculo que se divide en segmentos de diferentes tamaños que se designan por Grupos e que reúnen alimentos con propiedades nutricionais semellantes. Cada un dos grupos presenta funcións e características nutricionais específicas, polo que todos eles deben estar presentes na alimentación diaria, non debendo ser substituídos entre si.
Diariamente debemos comer porcións de todos os grupos de alimentos. O número de porcións recomendado depende das necesidades enerxeticas individuais: non precisa a mesma cantidade unha nena que fai deporte que unha nena da mesma idade que leva unha vida máis sedentaria.