Somos iguais?
Na clase de 4º fixemos un debate sobre igualdade. Somos iguais? Por que? Logo de facer unha reflexión conxunta cunha chuvia de ideas, traballamos a empatía poñéndonos nos zapatos do outro (que difícil é, ás veces) expresamos as nosas opinións e aprendemos a respectar as opinións dos demais. (Non hai opinións correctas ou incorrectas: son as nosas opinións.) Ademais, chegamos á conclusión de que somos iguais en dereitos, poden gustarnos as mesmas cousas e podemos facer as mesmas actividades. Case nada! Acordamos que somos feministas porque queremos a igualdade entre as persoas. Unha xornada moi interesante onde todos e todas aprendemos moito.