Skip to Content

1º Curso

REPORTEIR@S POR UN DÍA!

O alumnado de 1º estivo a traballar sobre as distintas profesións dentro do colexio; conserxe, administrativa, mestra, mestre de Educación Física, limpadora, coidadora ... Todas as persoas que traballan no noso centro merecen o mesmo respecto e todos os labores que desempeñan son necesarios para un mellor funcionamento do mesmo. Se aprendemos a respectar o seu labor, estamos contribuíndo a unha boa convivencia no centro. 

Prepramos unhas entrevistas para coñecer máis de cerca cales son as súas funcións. A continuación, na clase tivemos un debate sobre a importancia de todas elas para que o centro funcione mellor.

Estes reporteir@s fixeron un gran traballo!

Pegadas de muller: Ángeles Alvariño

No proxecto "Pegadas de muller", o alumnado de 1º de primaria traballou sobre a figura de Ángeles Alvariño.

Pomba da liberdade

 

O alumnado de 1º, 2º e 3º escribiron a palabra LIBERDADE en varias linguas, dentro dunha gran pomba feita coas cápsulas das madalenas. Con esta actividade e segundo o libro de María Victoria Moreno, o alumnado quixo expresar o amor que sentía a autora polas linguas e amosar que a lingua, ao igual que o xénero,  non é un impedimento para relacionarnos. 

Liberdade para ser como queiran ser!

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut