Skip to Content

REPORTEIR@S POR UN DÍA!

O alumnado de 1º estivo a traballar sobre as distintas profesións dentro do colexio; conserxe, administrativa, mestra, mestre de Educación Física, limpadora, coidadora ... Todas as persoas que traballan no noso centro merecen o mesmo respecto e todos os labores que desempeñan son necesarios para un mellor funcionamento do mesmo. Se aprendemos a respectar o seu labor, estamos contribuíndo a unha boa convivencia no centro. 

Prepramos unhas entrevistas para coñecer máis de cerca cales son as súas funcións. A continuación, na clase tivemos un debate sobre a importancia de todas elas para que o centro funcione mellor.

Estes reporteir@s fixeron un gran traballo!



story | by Dr. Radut