Pomba da liberdade
O alumnado de 1º, 2º e 3º escribiron a palabra LIBERDADE en varias linguas, dentro dunha gran pomba feita coas cápsulas das madalenas. Con esta actividade e segundo o libro de María Victoria Moreno, o alumnado quixo expresar o amor que sentía a autora polas linguas e amosar que a lingua, ao igual que o xénero, non é un impedimento para relacionarnos.
Liberdade para ser como queiran ser!