Charla sobre alimentación saudable.
O pasado venres 15 de marzo, o alumnado de 4º de primaria tivo unha charla sobre alimentación saudable.
A roda dos alimentos é un símbolo en forma de círculo que se divide en segmentos de diferentes tamaños que se designan por Grupos e que reúnen alimentos con propiedades nutricionais semellantes. Cada un dos grupos presenta funcións e características nutricionais específicas, polo que todos eles deben estar presentes na alimentación diaria, non debendo ser substituídos entre si.
Diariamente debemos comer porcións de todos os grupos de alimentos. O número de porcións recomendado depende das necesidades enerxeticas individuais: non precisa a mesma cantidade unha nena que fai deporte que unha nena da mesma idade que leva unha vida máis sedentaria.
Falamos tamén da importancia do almorzo que debe ser unha das 3 comidas principais do día, xa que os nenos e nenas levan unhas dez horas sen tomar alimentos. Os nenos e nenas que non almorzan teñen un menor rendemento escolar, posiblemente pola falta de glucosa que é o principal substrato para a actividade cerebral.
Un almorzo completo debe conter froita, lácteos e cereais.
Na seguinte ligazón tedes opcións de almorzos saudables e variados.
https://xenteconvida.sergas.gal/Paginas/Articulo/cat/3/art/23/proposta-para-un-almorzo-saudable
Ademais, para a media mañá deberán traer un pequeno almorzo para recuperar a enerxía que van gastando coas actividades que fan.
Lembrade que os venres é o DÍA DA FROITA!