Skip to Content

"O soño de Liam" con David Navarro

Liam adora o baloncesto e ten un soño.

Ti tamén tes algún?

Ás veces os soños fanse realidade…

“O soño de Liam” é un conto infantil escrito por David Navarro Brugal, xogador de baloncesto profesional que actualmente forma parte do equipo do Club Ourense Baloncesto.

    

O luns 24 de maio recibimos a visita do autor do conto “O Soño de Liam” e do seu compañeiro de equipo Álex Mazaira.

   

O alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria recibíronos con moita expectación, ilusión e interese, realizaron preguntas sobre o conto e como é a vida no baloncesto, fixéronse fotos, pediron autógrafos…

Moitas grazas pola vosa visita David e Álex!

Premede na imaxe para ver todas as fotos.



page | by Dr. Radut